Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As piscinas municipais de Tui serán completamente renovadas

O concello renovará as piscinas municipais ao remate da temporada estival, contando cun orzamento de mais de 300 mil euros financiados polo Plan Concellos

O concello renovará as piscinas municipais ao remate da temporada estival, contando cun orzamento de mais de 300 mil euros financiados polo Plan Concellos

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui, dentro do programa de rehabilitación e mellora da totalidade dos equipamentos públicos, vai acometer ao remate da temporada estival obras de reforma e acondicionamento nas piscinas municipais. O orzamento previsto ascende a 306.238,95 ? financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que as piscinas  municipais "dende que se crearon non tiveron practicamente ningunha obra de mellora nin de acondicionamento". Coa actuación proxectada reformarase esta instalación ? para gañar en accesibilidade e que teña un entorno máis harmonioso?.

As obras a executar, segundo o recollido no proxecto, contemplan por unha parte o acondicionamento da edificación coa humanización do espazo exterior inmediato ao edificio, favorecendo a accesibilidade. Levarase a cabo a limpeza do tellado e da pedra de peche, revestindo a parte central da edificación cun panel composite no que se colocará a sinalización do edificio.

Procederase tamén a substitución dos lavabos e espellos, acondicionamento de vestiarios para persoas con discapacidade, reparación das instalacións, pintado exterior e colocación dun novo pavimento na terraza exterior.

Na piscina de adultos, cunhas dimensións de 25m x 12,5 m, será substituído o gresite por revestido cerámico con melloras de impermeabilización, executarase unha rampla interior con pasamáns para acceso para persoas con discapacidade. Tamén se realizará un novo acabado na explanada con inclusión de rexilla cerámica mantendo o sistema desbordante.

Mentres na piscina infantil executarase un novo perímetro de vaso sobre a base existente, transformarase en vaso desbordante pola parte leste, executarase unha zona de xogos con chorros verticais e xogos centrais de choiva. Tamén será instalada un pérgola para xerar sombra.

Amais no proxecto previsto contémplase a substitución da bomba xeral das dúas piscinas e da bomba de filtración. Tamén se prevé a substitución do sistema de clorado por un xerador de ozono que ten maior capacidade desinfectante, menor toxicidade, non ten olor, nin irrita os ollos nin a pel. Ao tempo contribúe ao aforro de auga.

A substitución de válvulas, pernos, un novo cadro de control e mando, e a adecuación de cables e tubaxes forma parte tamén da actuación prevista xunto ao derribo da edificación onde esta maquinaria para construír nunha nova con estrutura metálica apoiada nos muros existentes.

Coa execución deste proxecto, que estará listo para o verán de 2023, a piscina municipal gañará en accesibilidade e eficiencia, ao tempo que contará cunhas instalacións máis modernas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí