Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As rúas novas de Tui encheranse de colorido e de festa co Desfile Concurso que organiza o Concello

Hoxe martes de Entroido, terá lugar a trixésimo cuarta edición deste desfile a partir das 17:30. Haberá cambios no tráfico no centro urbano da cidade.

Hoxe martes de Entroido, terá lugar a trixésimo cuarta edición deste desfile a partir das 17:30. Haberá cambios no tráfico no centro urbano da cidade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui volve este ano a celebrar o Entroido na súa máxima expresión, coa celebración da trixésimo cuarta edición do Concurso Desfile de Entroido que terá lugar mañá, Martes de Entroido, xornada festiva na localidade.

As 12 comparsas participantes desfilarán con 15 carrozas, onde participarán máis de 900 persoas e 45 músicos amenizarán o percorrido polo centro urbano de Tui aos milleiros persoas que se acheguen a vivir o Entroido tudense. A comitiva percorrerá, dende as 17:30, as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.

Tres son as categorías nas que competirán as comparsas neste desfile. Na de Fantasía participarán a Asociación Comparsa Terra de Condes de Redondela e tamén a Asociación Cultural Paradela de Gondomar. Na categoría sen acompañamento musical desfilarán a Asociación Cultural Parada do Miñor de Nigrán, a Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo en Salceda, a Asociación A Pandilla de Pontecaldelas, a Asociación Cultural de Pontellas do Porriño e a Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar. Por último, na categoría con acompañamento musical, participarán a Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, a charanga tudense Cantos Somos, a Asociación Cultural Arume de Malvas, a Asociación en Loureiro coma sempre de Salceda e a Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño.

En total, haberá 5.600 euros en premios máis os trofeos aos que poderán optar todas estas asociacións festivas. Logo do seu desfile, e mentres o xurado delibera estes sete premios en liza, seguirá amenizando a festa a Orquestra Miramar.

A despedida do Entroido tudense terá lugar o próximo domingo día 26 co Enterro do Bacallau.

Debido á celebración deste desfile, haberá un dispositivo especial de tráfico. Deste xeito estará prohibido o estacionamento e a circulación nas rúas do percorrido na tarde entre as 14:00 e as 21:00. Amais, as rúas Augusto González Besada e Calvo Sotelo serán de dobre sentido de circulación entre as 14:00 e as 21:00, polo que estará prohibido o estacionamento dende as 10:00 até as 21:00 do día de mañá nestas rúas. Por último, no aparcamento municipal, na traseira do edificio Francisco Sánchez, haberá unha zona delimitada onde non se poderá estacionar até as 8:00 do mércores día 22 debido á colocación do escenario da orquestra que amenizará a festa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí