Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Así foi a IX Taça ibérica de slálom

Un bo balance para os Teixugos que se fixeron con doce medallas, cinco delas de ouro.

Un bo balance para os Teixugos que se fixeron con doce medallas, cinco delas de ouro.

Fecha: 31 de Enero de 2018

Fuente: Rosa Fernández

A pasada fin de semana tivo lugar na Azenha de Pagade, na aldea de Covas en Vilanova de Cerveira a IX Taça Ibérica de Slálom, proba coa que se abre a tempada 2018.

Esta competición, que vai gañando nivel ano a ano, foi organizada pola Federación Portuguesa de Piragüismo e polo Club Deportivo Miño Teixugos. A Taça, que  está aberta a deportistas portugueses e españois, contou nesta ocasión cun total de 160 embarcacións de kaiak e canoa nas categorías   infantil, cadete, júnior, sénior e veterano que fixeron as súas espectaculares baixadas polas bravas augas do río Coura..

Na categoría absoluta ou sénior as primeiras posicións foron en K1 feminino para Laura Alonso dos Teixugos, en K1 masculino para Iván Silva do Águas Bravas Club de Amarante, en C1 feminino as participantes sénior quedaron fóra de finais, correspondendo o mellor tempo a júnior Ainhoa Lameiro do Club Penedo e en C1 masculino o gañador foi castelán David Burgos do Club Río Eresma.

O Club Deportivo Miño participou con vinte embarcacións, das cales pasaron a finais quince, cuns moi bos resultados.

En K1 Infantil Sergio Martínez foi o gañador, Samuel Castro rematou segundo e Alexis Segadaes terceiro. En K1 júnior Marco Patiño rematou duodécimo a causa dunha indisposición, que non lle permitiu facer a baixada de finais. En K1 sénior Brais Castro foi undécimo e Emilio Rodríguez décimo cuarto.

En K1 Infantil feminino Ainhoa Barreiro foi a gañadora, e Alba Soutelo foi segunda. En K1 cadete Ariadna Pereira rematou segunda. E en K1 sénior Laura Alonso gañou a proba e Marina Ruedas rematou terceira.

En C1 sénior Brais Castro  obtivo terceira posición, e Samuel Castro foi primeiro en C1 Infantil. En C1 feminino infantil Alba Soutelo foi primeira e Ainhoa Barreiro segunda.

Un bo balance para os Teixugos que se fixeron con doce medallas, cinco delas de ouro.

Na clasificación final por equipos gañou o Piragüismo Penedo de Caldelas, seguido polo Águas Bravas Club de Amarante, terceiro  o Club Tea de Mondariz e Miño-Teixugos rematou na cuarta posición.

 FOTOS: https://photos.app.goo.gl/9541Uxtu0BYqTDS73

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones