Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Así foi a XXIV ExfiMiño

O pasado venres día 23 de xullo, inaugurouse o XXIV ExfiMiño dedicado ao Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, organizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG).

O pasado venres día 23 de xullo, inaugurouse o XXIV ExfiMiño dedicado ao Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, organizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG).

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Julio de 2021

Fuente: Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

O pasado venres día 23 de xullo, inaugurouse o XXIV ExfiMiño dedicado ao Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, organizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG).

 

O acto de inauguración contou coa presenza de José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, o cal, deu a benvida a todos os presentes agradecendo a colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda, Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), agradecendo ao párroco Jesús García Villadóniga (ausente por estar nun servizo eclesiástico), así como os coleccionistas filatélicos participantes e, por suposto, a respectable audiencia.

 

Na súa intervención, José Ángel Gándara Rodríguez, dixo que, con motivo do Ano Santo, unha vez máis, a SFeNG súmase, como en anteriores ocasións, á difusión da cultura a través da filatelia do pobo e as súas xentes. Este ano a mostra está dedicada ao Camiño Portugués pola Costa xa que, a nosa Vila é a porta de entrada en España deste camiño histórico que data do século XII, onde por el peregrinaron a Santiago de Compostela importantes personaxes da realeza, clérigos e nobres. Con tal motivo, Correos concedeunos un selo personalizado e un cuño especial.

 

Tras a intervención do Presidente da SFNG, fixo uso da palabra María Elisa Abad Suárez (Marila), secretaria xeral de FEGASOFI, quen dedicou unhas palabras de recoñecemento ás persoas que forman parte da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, polo seu destacado labor ao longo do tempo na organización de eventos filatélicos e, na participación dos seus integrantes en concursos nacionais e internacionais.

 

Tamén tivo unhas palabras de recordo para Valentín Suárez Alonso, presidente de FEGASOFI, quen faleceu o 12 de maio de 2021 a causa do Covid-19, destacando que se non fóra por esa fatal circunstancia hoxe estaría aquí gozando en compañía dos membros da SFNG e sentirse como na casa.

 

A continuación, interveu Iria Lamas Salgueiro, Deputada Provincial de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Arquitectura e Proxectos Europeos, agradecéndolle por estar na Guarda e coñecer a persoas que traballan para a filatelia, organizando eventos como este.

 

Por último, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, Concelleira de Cultura da Guarda, agradeceu aos membros da SFNG a súa implicación e o seu traballo continuado e mesmo a súa colaboración noutras actividades culturais.

 

Ao mesmo tempo, deséxalle á nova xunta directiva da SFNG moito éxito e continuar o traballo realizado polas anteriores directivas; tamén se referiu que, cada vez que os filatelistas da Guarda levan as súas coleccións a diferentes eventos, tanto nacionais como internacionais, tamén están a levar un pouco da Guarda polo mundo, e iso é de agradecer.

 

Finalmente, autoridades, membros da SFeNG e público, achegáronse a visitar a exposición que mostra coleccións dos seguintes expositores:

 

Jesús Andrés López Calvo

"Dar hospedaje al peregrino. Hospitalidad y asistencia en los caminos de Santiago".

 

José Barros Cachaldora

"Vía de la Plata", "Vía de la Plata. Camino Sanabrés", "Camino Francés", "Camino de inverno", "Camino de la Costa", "Camino del Norte primitivo", "Camino Portugués" y "Tarjetas del camino".

 

Carlos Pérez-Fonterosa Antón

Camino de Santiago, Patrimonio de la Humanidad”.

 

Luciano Lomba Vicente

Del monasterio rural a la catedral urbana”.

 

Como é habitual, publicouse o Boletín informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, ExfiMiño, con artigos relacionados coa exposición.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí