Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Asociación Cultural e Deportiva -Xuntanza- de Randufe organiza varias actividades este outono

Magosto, mostra de teatro e roteiros serán algunhas das actividades que se porán en marcha este outono

Magosto, mostra de teatro e roteiros serán algunhas das actividades que se porán en marcha este outono

Fecha: 04 de Noviembre de 2017

Fuente: ACD Xuntanza Randufe

Xa está aquí o outono e nós queremos facerche unhas cantas propostas que che poden interesar: festa do magosto, mostra teatral, obradoiro para facer tarrañolas, e roteiro-charla para coñecer plantas silvestres comestibles.
Interesante, verdade? Participas con nós?
 
MAGOSTO
Unhas ricas castañas sempre sentan moi ben, por iso convidámoste ó noso magosto o domingo 5 de novembro. Será despois da actuación dos grupos de teatro que van participar na "VIII Mostra Teatral Miguel Troncoso". Degustaremos xuntos/as as mellores castañas asadas e viño de balde.
 
VIII MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO
- Domingo 5 de novembro ás 18:00 horas: comezamos con dúas obras realizadas polos pequenos da casa para toda a familia.
> Grupo de teatro Remolóns e Pantuflas Verdes de C.C. Beade, que presentan "Camiño da fama", humor, mimo e improvisación son os estandartes destes pequenos artistas.
> Teatro Garabullada, da nosa Asociación, coa obra "Vaya lata de Pirata". Uns temibles piratas que, coma sempre, queren atopar un valioso tesouro.
- Domingo 12 de novembro ás 18:00 horas: Contamos co grupo xuvenil Remolóns teatro de C.C. Beade, co drama "Pistoleando: unha de gansters". Chicago, 1926. Cidade de segredos.
Un despacho e un cabaret: un home opresor e unha muller feita a si mesma; unha familia disfuncional e unha familia que non o é. Cando cae a noite as súas historias crúzanse... da peor forma posible.
Obra non recomendada para menores de 10 anos.
- Domingo 19 de novembro ás 18:00 horas: actuará o grupo de Teatro do centro cultural San Fins de Rebordans, coa comedia "O Indiano". A historia dun pobo.... pódese transformar, dun día para outro... cando hai gañas e vontade.
LEMBRA: Para entreter ós máis cativos teremos taller de chapas, manualidades, taller de pintacaras e xogos durante a representación das obras os días 12 e 19 a cargo de EN UN TRISTRÁS.
 
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN E INICIACIÓN ÁS TARRAÑOLAS

Neste obradoiro, ademais de construír as nosas propias tarrañolas,
aprenderemos a técnica e execución dos ritmos básicos como muiñeira, xota, etc.
O curso vaise realizar o domingo 12 de novembro de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00h na nosa casa cultural.
O prezo será de 15 € para socios/as e de 19 € para non socios/as. As prazas son limitadas e o curso realizarase cun mínimo de 10 persoas. Para máis información e para apuntarte chama o telf.: 646.646.500 ou manda un correo electrónico a: acdxuntanza@gmail.com. Último día para anotarse o luns 6 de novembro.

ROTEIRO PARA O RECOÑECEMENTO DE PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES

Temos o pracer de contar coa colaboración do biólogo Cesar Lema que ven de publicar o seu libro "Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza". Nunha charla explicaranos os usos das plantas silvestres e de seguido faremos un pequeno roteiro para identificalas.
 
Quedades emprazados para o sábado 25 de novembro de 10:30 a 13:30 na nosa casa cultural.

O roteiro é de balde pero podedes colaborar aportando aceite de cociña usado. O autor tamén terá o seu libro a venda por importe de 25€.
Agardamos que estas propostas sexan do teu interés!
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones