Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ata o xoves 24 pódense presentar as solicitude de axudas para estudos no Conservatorio ou na Escola de Música de Tui

O Concello destina 7 mil euros a este fin que persegue facilitar os estudos musicais á familias con menos recursos

O Concello destina 7 mil euros a este fin que persegue facilitar os estudos musicais á familias con menos recursos

Fecha: 21 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui convoca as axudas para os alumnos dos dous centros de estudos musicais da cidade, o Conservatorio Profesional e a Escola de Música, para o curso 2016-2017 ao que destina un total de 7 mil euros.  As bases desta convocatoria veñen hoxe publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e pódense consultar tamén no taboleiro de anuncios do concello ou na web municipal.

O obxectivo desta convocatoria é chegar a aquelas familias que realmente precisen a axuda, que os alumnos pertencentes a familias con baixo nivel de ingresos teñan acceso á bolsa, realizar un seguimento daquelas familias que se detecten de alto risco, e analizar a poboación demandante e valorar a súa necesidades.

Poden solicitar estas axudas os alumnos tanto do Conservatorio Profesional de Grao Medio coma da Escola de Música, que estean empadroados en Tui, teñan o curso completo 2015/16 aprobado e que os ingresos da unidade familiar non superen 3 veces o IPREM (22.365,42€).

As solicitudes poden presentarse ata o xoves 24 de novembro no rexistro de entrada da casa do concello. Deberase achegar o modelo oficial de solicitude, xunto a fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, e no caso de menores o libro de familia. Tamén deberá presentarse xustificación dos ingresos, copia da matrícula deste curso, entre outros documentos que se poden consultar na bases.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones