Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Até o luns ás 14 h pódese realizar a inscrición no desfile concurso de Entroido en Tui

Os grupos e comparsas deberán presentar a súa solicitude na sede electrónica do concello

Os grupos e comparsas deberán presentar a súa solicitude na sede electrónica do concello

Fecha: 03 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tui

Dende o xoves, 30 de xaneiro, até o luns 3 de febreiro, ás 14 h pódese realizar a inscrición para participar no desfile concurso de Entroido en Tui. Hoxe publícanse no BOPPO, o Boletín Oficial da Provincia, as bases de participación nas que se establece un prazo de tres días hábiles para que os grupos e comparsas que desexen participar presenten a súa solicitude, xunto coa documentación requirida a través da sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/.

O desfile concurso de Entroido en Tui celebrarase o martes, 25 de febreiro, ás 17 h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.

Limítase a participación ás 20 primeiras comparsas inscritas e aos 5 primeiros grupos, coa salvidade de que nunca unha comparsa ou grupo de Tui quedarán fóra de concurso.

En caso de choiva o desfile concurso será aprazado para o sábado 29 de febreiro, tamén ás 17 h. Só nese caso abrirase un novo prazo de inscrición para aquelas entidades que non se inscribiran con anterioridade e desexen participar nesta nova data. A inscrición formalizarase só 26 de febreiro a través da sede electrónica.

O xurado, formado por 6 membros de asociacións tudenses, 4 cidadáns tudense, e 2 traballadores municipais, e presidido pola concelleira de Cultura, terá en conta na súa valoración o número de participantes, a actualidade da temática elixida, a parodia de temas locais, o vestiario, o acompañamento musical e a carroza, así coma o vestiario e a coreografía das que opten ao premio de fantasía.  

No desfile concurso de Entroido 2020 establécense 18 premios, valorados en conxunto en 5.600 €, distribuídos en catro categorías: xeral, carroza, acompañamento musical e fantasía. Entregaranse 18 trofeos valorados en 400 €. Amais pola súa participación as comparsas recibirán 500 € se desfilan con carroza e 250 € se desfilan sen carroza, e os grupos 200 € e 100 € respectivamente.

Coma despedida do Entroido o domingo, 1 de marzo, ás 19:30 horas celebrarase o Enterro do Bacallau. Sairá dende a Praza de San Fernando, para percorrer as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Corredoira, con parada no Cantón de Diómedes para realizar o funeral e ler ou cantar as coplas ao finado Bacallau. As comparsas e os grupos que así o desexen poderán entregar unha copia das coplas, o mércores 26 de febreiro, a través da sede electrónica do Concello de Tui.  A comitiva continuará polas rúas Augusto González Besada, Ourense e aparcadoiro municipal, onde terá lugar a cerimonia de incineración.

Ver bases e documentos

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones