Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui

Os interesados teñen un prazo de 2 meses para realizar a tramitación

Os interesados teñen un prazo de 2 meses para realizar a tramitación

Fecha: 26 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

Dende o mércores 28 de marzo, ábrese o prazo de presentación de solicitudes ás axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui. O BOP recolle hoxe a publicación dun extracto das "Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación con Conxunto Histórico de Tui" aprobadas o 5 de marzo do 2018 da Xunta de Goberno Local.

Poderán solicitar estas axudas propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades, os consorcios e os entes asociativos de xestión. O importe máximo da subvención é do 45% do custo subvencionable das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, e unha contía máxima por vivenda obxecto de rehabilitación de 15.000 euros (excluídos impostos, taxas e tributos).

As vivendas con axudas á rehabilitación deberán destinarse a domicilio habitual e permanente do/a seu/súa propietario/a, ou ao arrendamento polo menos durante 3 anos trala finalización das obras de rehabilitación.

Tres barrios son os que se inclúen no ámbito delimitado pola Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico Artístico de Tui a Cidade Medieval, San Domingos e San Bartolomeu.

O prazo de presentación de solicitudes destas axudas é de dous meses. Pódese ampliar esta información na oficina da ARI os martes e xoves na casa do concello de Tui de 9 a 14h ou enviar un correo a ari@concellotui.org.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones