Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Axudas da Xunta a vivendas tudenses situadas no Camiño Portugués

Poden acadar máis información os xoves na Oficina de Rehabilitación

Poden acadar máis información os xoves na Oficina de Rehabilitación

Fecha: 29 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

As vivendas situadas no trazado do Camiño Portugués ao seu paso por Tui e que se atopen fóra do Conxunto Histórico poderán solicitar as axudas establecidas pola Xunta dentro da convocatoria para a Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago.

En concreto as actuacións subvencionables son as destinadas a adecuar as edificacións á normativa vixente (seguridade, protección fronte a auga, instalacións, adecuación ao entorno e protección do patrimonio, etc); obras de mellora da eficiencia enerxética; e obras para mellorar as condicións de accesibilidade.

As persoas interesadas deberán solicitar a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación a executar; e unha vez aprobada esta por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo deberase pedir a cualificación definitiva e por último solicitar a axuda económica.

A contía económica máxima destas axudas será de 15.000€ por cada vivenda, sen que en ningún caso poida exceder do 45% do investimento previsto.

As persoas interesadas poden solicitar máis información na Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui, que atende aos público os xoves en horario de 9:00 a 14:00 h. No caso de non poder acudir os xoves os interesados poden deixar os datos de contacto, número de teléfono e enderezo da vivenda no departamento de Urbanismo, e a técnica da oficia contactará con eles, ou poden enviar un correo a ari@concellotui.org. Tamén se pode acadar máis información en  https://ari-igvs.xunta.gal/gl/node/115.

O trámite da solicitude das axudas pode realizarse presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones