Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

BALDRÁNS, PARAMOS E VERDOEJO CELEBRAN ESTE DOMINGO A I XUNTANZA LUSO-GALAICA

A idea que partiu da freguesía de Verdoejo foi moi ben acollida tanto en Baldráns coma en Paramos ante as relacións históricas existentes xa entre a poboación.

Esta actividade nace con vocación de continuidade e cada ano irá rotando por unha parroquias participantes.

Fecha: 19 de Julio de 2014

Fuente: www.concellotui.org

As parroquias tudenses de Paramos e Baldráns e a valenciana de Verdoejo vanse unir este domingo na I Xuntaza Luso-Galaica que se vai celebrar no Parque de Merendas de Vedoejo, a seis quilómetros do centro urbano de Valença en dirección Monçao.

Esta iniciativa buscar fortalecer as relacións existentes entre os veciños dunha e doutra beira do Miño que compartirán unha xornada de convivencia celebrando un completo programa de actividades. A cita comeza ás once da mañá coa apertura da Xuntanza da manda dun grupo de bombos de Portugal. Ás 12h celebrarase no lugar misa solemne, para a continuación celebrar un xantar campestre no que cada un levará a súa comida, pero tamén haberá polbo á feira a prezos populares. Pola tarde actuarán os grupos de gaitas de beira galega que xunto á celebración de xogos tradicionais, sendeirismo, representacións teatrais e inchables para os pequenos farán que a tarde sexa moi entretida xunto a actuación dun grupo musical. Á tardiña servirán porco ao espeto e para rematar farán a tradicional queimada. Agardan a participación de duascentas persoas.

A idea que partiu da freguesía de Verdoejo foi moi ben acollida tanto en Baldráns coma en Paramos ante as relacións históricas existentes xa entre a poboación. Esta actividade nace con vocación de continuidade e cada ano irá rotando por unha parroquias participantes.

Con esta xuntanza proséguese a senda de colaboración establecida no seo da Eurocidade entre tudenses e valencianos. Nesta iniciativa colaboran o Concello de Tui, a Cámara de Valença, a Junta de Freguesía de Verdoejo, e os centros culturais Val de Flores de Baldráns, e Laxes de Paramos, así coma a Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí