Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Barrosanta representa -Ragazzo- este martes ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui

Anxo Outomoro é o protagonista da obra que dirixe Xavier Castiñeira. A entrada é libre

Anxo Outomoro é o protagonista da obra que dirixe Xavier Castiñeira. A entrada é libre

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle o próximo martes, 19 de xullo, ás 21.30 h a representación da obra teatral ‘Ragazzo’, interpretada por Anxo Outumuro,  dirixida por Xavier Castiñeira, e con dramaturxia de Lali Álvarez.

A peza de teatro, obra da produtora Barrosanta, conta a historia real de Carlo Giuliani, un mozo activista italiano de 23 anos que foi asasinado a mans da policía de Xénova o 20 de xullo de 2001 nunha manifestación contra o cumio do G8.

Na obra, que poderemos ver en Tui o próximo martes, acompañamos a “Ragazzo”, nun percorrido vital de tres días que permite afondar na súa personalidade, soñadora, idealista e reivindicativa ante a situación que está a vivir o mundo neses intres. Coa restrición de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial. Malia iso Ragazzo  queda na cidade nun garaxe que okupa e acondiciona coma o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. De vacación ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse… O seu destino cambiará cando toma a decisión de quedarse na columna dos desobedientes do Fórum Social da cidade, un espazo blindado para os líderes políticos mundiais que se dan cita nesa reunión do G8.

Que facer ante a ameaza, para que serve a violencia ou se é posible outro mundo son algunhas das inquedanzas que planteará a obra de teatro, unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias persoais e unha reivindicación da memoria colectiva.

A entrada para esta obra teatral é gratuíta non sendo precisa reserva previa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí