Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Benxamíns AD Tomiño -B- desfrutan do seu primeiro triunfo.

Gañar ou perder nas categorías máis pequenas non é o máis importante pero a ninguén lle amarga un doce e a alegría dos nosos xogadores así o constatou.

Gañar ou perder nas categorías máis pequenas non é o máis importante pero a ninguén lle amarga un doce e a alegría dos nosos xogadores así o constatou.

Fecha: 21 de Febrero de 2017

Fuente: A.D. Tomiño

Boa xornada novamente para os nosos equipos. Luciu o sol no fin de semana e apetecía xogar e ver fútbol na Carballa. A ben seguro os nosos afeccionados desfrutaron cos partidos do sábado nos que, excepto en Benxamíns AD, os goles e os triunfos para os equipos de vermello, foron unha constante.

Abriuse unha xornada cunha dobre boa nova: por un lado, os Benxamíns AD 'B' lograban por fin celebrar unha vitoria ao gañar por 2 a 0 ao Gondomar FB 'B' nas cercas. Gañar ou perder nas categorías máis pequenas non é o máis importante pero a ninguén lle amarga un doce e a alegría dos nosos xogadores así o constatou. Por outra banda, os Cadetes AD non por estar acostumados, deixan de desfrutar ofrecendo bos partidos e sumando puntos, nesta ocasión cun 6 a 0 ante A Guía Guardesa.






Chegaron despois os encontros ante o Rápido de Bouzas que se saldaron positivamente para os nosos intereses. Os Prebenxamíns AD, que están imparables, volveron gañar nun partido moi disputado por 3 goles a 2. Os Benxamíns AD pola súa parte, volveron sumar un empate no que as defensas pesaron máis que as dianteiras e os goles non compareceron. Ao contrario aconteceu no encontro dos Alevíns AD que ofreceron aos afeccionados un espectacular 5 a 3 para sumar un novo triunfo que os coloca nos postos altos da súa clasificación.

Para rematar a xornada do sábado, os Xuvenís AD gañaron con autoridade o complicado encontro ante o Colegio Apostol por 4 goles a 1. Con este resultado os nosos adiantan ao equipo colexial e achéganse á franxa da trintena de puntos, por detrás, non obstante, os equipos que o perseguen continúan sumando a bo ritmo.

O domingo tróuxonos a única derrota da xornada. O UD Ribera, rival dos nosos Infantís AD lidera con solvencia a súa liga e, a pesar de que os nosos opuxeron resistencia, o 4 a 2 certificou a superioridade do equipo rosaleiro.

A pesar desta última derrota, foi un moi boa xornada dos nosos e, o próximo fin de semana: fútbol e entroido.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones