Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BOAS SENSACIÓNS DE A GUARDA HOCKEY LIÑA NA SEGUNDA SEDE DA LIGA GALEGA

A pesares de non poder adestrar nas datas previas, o equipo da Guarda deixou boas sensacións e momentos de bo xogo a pesares da maior entidade dos equipos rivais.

A pesares de non poder adestrar nas datas previas, o equipo da Guarda deixou boas sensacións e momentos de bo xogo a pesares da maior entidade dos equipos rivais.

Fecha: 24 de Febrero de 2016

Fuente: A Guarda Hockey Liña

En plena polémica pola falla de instalacións deportivas na Guarda e tralo peche por motivos de seguridade do vetusto pavillón Antonino Torrón do Colexio As Solanas, habitual lugar de adestramento do equipo, os infantís e as féminas do clube guardés disputaron a segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña.

Esta sede celebrouse o pasado domingo día 21 de febreiro no pavillón Daniel Cordido de Lugo. A pesares de non poder adestrar nas datas previas, o equipo da Guarda deixou boas sensacións e momentos de bo xogo a pesares da maior entidade dos equipos rivais.

No primeiro partido da categoría infantil ós nenos e nenas da Guarda costoulles entrar no partido e iso propiciou que encaixasen varios goles no comezo do partido que os enfrontaba o CHL Meigas de Lugo. Pouco a pouco acadaron un mellor xogo que non evitou que caisen por un abultado 10-2.

O segundo encontro enfrontaba ós da Guarda contra os tamén lucenses Lóstregos Norte, equipo de maior idade e experiencia que non deu tregua despregando un moi bo xogo. A pesares disto @s nen@s de A Guarda Hockey Liña non perderon as gañas e disputaron duramente cada posesión para rematar perdendo por 0-12.

Como peche da xornada o derradeiro encontro xogouse contra os Peque Lóstregos, equipo formado polos benxamíns do Lóstregos HL, e no que os máis pequenos do equipo guardés contaron con máis minutos. A diferenza de nivel e potencial en esta ocasión era evidente a favor dos da Guarda que venceron o partido por un resultado de 11-3.

Xa na tardiña foi o turno do equipo feminino. Compre recordar que, coma na pasada campaña, as rapazas de A Guarda Hockey Liña xogan esta competición galega coas fichaxes de cinco mozas da Coruña pertencentes ó clube Brigantium HL. Enfrontábanse ó CHL Meigas, xunto co Lóstregos HL un dos referentes do Hockey Liña galego, e a priori favorito para acadar a victoria.
As da Guarda amosaron gañas dende o primeiro minuto e non lle perderon a cara o partido en ningún momento, destacando a boa actuación de Ana González, porteira do equipo guardés que atallou  en múltiples ocasións os potentes tiros exteriores das lucenses. Ó remate do encontro o resultado foi de 3-1 a favor do CHL Meigas, marcador moi ben valorado polo corpo técnico de A Guarda Hockey Liña e que pode ser moi importante de cara o gol average ó remate da Liga.

Engadir que entre o numeroso público asistente no pavillón da cidade das murallas foron visibles durante toda a xornada pancartas solidarizándose co clube da Guarda nas súas peticións para acadar instalacións deportivas dignas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones