Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Bookcrossing na festas de San Telmo co gallo do Día do Libro

Proseguen as actividades infantís, o cinema e o grupo Atalaia estrea -Nin fé nin café-

Proseguen as actividades infantís, o cinema e o grupo Atalaia estrea -Nin fé nin café-

Fecha: 23 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tui

Mañá martes, 23 de abril, Día do Libro, está prevista unha actividade de bookcrossing no conxunto histórico de Tui ao longo de todo o día. Liberaranse polas distintas rúas libros de diferentes temáticas.

A partir das 11 h na Área Panorámica, con entrada pola porta 5, continúan as actividades infantís para nenos e nenas de 5 a 16 anos. Os cativos e cativas deseñarán, personalizarán e colorearán as súas propias chapas.

Mañá ás 16.30 h terá lugar a proxección da película "Bebé Jefazo" dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

Ás 17 h a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará na Residencia San Telmo.

Na segunda xornada da XI Semana de Teatro Amado ás 21 h no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui estrea a comedia "Nin fe nin café". As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.

Tui - Festas de San Telmo
Martes 23

• Todo o día No conxunto histórico realización de bookcrossing co gallo do Día do Libro
• 11.00-13.00h No edificio da Área Panorámica (porta 12) actividades infantís *Entrada libre até completar capacidade.
• 16.30h-18.10h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil "Bebé jefazo" con En Un Tris Trás - *Entrada libre até completar capacidade.
• 17.00h-18.00h Na Residencia San Telmo actuación da Coral Centro Sociocomunitario de Tui.
• 21.00h-22.00h No Teatro Municipal XI Semana de Teatro Amador San Telmo co grupo de teatro Atalaia do Centro Social de Tui. Estrea de "Nin fe nin café" - *Entrada 1,5 €.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones