Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Bronce para a Teixuga Ariadna Pereira no Campionato de España de promoción en Sort

Grazas aos puntos acadados pola dobre participación de Ariadna os Teixugos remataron en novena posición por equipos

A suma de puntos dos dous días déronlle a terceira posición, e polo tanto unha medalla de bronce.

Fecha: 01 de Agosto de 2016

Fuente: Rosa Fernández

Despois dos bos resultados da semana pasada para o club Deportivo Miño no Campionato de España en Sort, esta semana tocoulle aos máis pequenos na Copa de España de "Jóvenes Promesas" celebrada na mesma localidade. A nivel galego, nas competicións de promoción, participan tódalas categorías por debaixo de júnior, pero nas da liga española só entran cadete, Infantil A (nenos e nenas nacidos en 2002) e Infantil B (nenos e nenas nacidos en 2003). A competición tivo lugar sábado e domingo. Cada día nenos e nenas fixeron dúas mangas, contando o mellor tempo das dúas como resultado final de cada proba. O resultado final da competición consistiu na suma dos puntos obtidos o sábado e o domingo: un primeiro posto suma 50 puntos, o segundo 46, o terceiro 43...

Aínda que os máis pequenos do club xa levan en Sort unha semana adestrando, na competición so puido participar Ariadna Pereira na categoría Infantil A, ao non ter idade suficiente os demais. Ariadna participou nas categorías C1 e K1 . En C1 quedou cuarta tanto sábado como domingo, o que lle valeu unha posición final de cuarta clasificada. En K1 o sábado rematou nunha impresionante segunda posición, o domingo aínda que non lle foi tan ben, rematou nun meritorio cuarto lugar. A suma de puntos dos dous días déronlle a terceira posición, e polo tanto unha medalla de bronce.

Grazas aos puntos acadados pola dobre participación de Ariadna os Teixugos remataron en novena posición por equipos, clasificación na que o Club Penedo de Caldelas rematou segundo e o Tea de Mondariz quinto; o que da fe do bo momento do slálom galego.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones