Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

C21: PORQUÉ APOIAMOS A INVESTIDURA E NON ENTRAMOS NO GOBERNO DE TUI

Abrimos unha nova etapa esperanzadora para Tui, unha etapa que non tería sido posible sen o concurso de C21

Abrimos unha nova etapa esperanzadora para Tui, unha etapa que non tería sido posible sen o concurso de C21

Fecha: 08 de Junio de 2015

Fuente: Converxencia 21

Explicar porqué vamos apoiar a investidura de candidato do PSOE á alcaldía de Tui é relativamente sinxelo, as razóns son as que expresamos na campaña e que, como é natural, mantemos, o PP en Tui merece perder o poder, de feito, mereceo desde hai tempo, e desde C21 temos claro que non podemos consentir nen por acción nen por omisión que o señor Rocha volte a ser alcalde, como o PP é a forza máis votada no conxunto do concello, calquera candidato alternativo ten que reunir o apoio dunha maioría absoluta de concelleiros, polo que non nos podemos manter á marxe e vamos votar afirmativamente a investidura do candidato socialista como alcalde.

Este voto afirmativo non é un sí á esquerda, é un sí ao cambio e un non ao PP de Rocha e ás suas marcas brancas, e non porque nos sintamos máis próximos da esquerda, sentímonos igualmente lonxe de esquerda e dereita, senón porque despois de 17 anos de gobernos corruptos, ineficientes, incompetentes e enfocados exclusivamente á defensa de intereses de parte o PP merece pasar unha temporadiña na sombra, entendemos o goberno que se vai configurar desde a esquerda como un mal menor, non nos sentimos próximos a eles na forma de concebir a sociedade nen a política, e o modelo de xestión local é claramente diferente do que propugnamos desde C21, pero o concello en Tui precisa urxentemente dun cambio e os votantes non nos puxeron a nós na posición de poder lideralo, ainda que sí de facilitalo co noso apoio na investidura.

O sí á investidura de Cabaleiro non conleva condicións, controlaremos como oposición o que teñamos que controlar, pero agardo que se nos recoñeza a nosa xenerosidade e altura de miras ao non pór condicións, de feito poderíamos ter condicionado o noso sí á investidura a unha serie de políticas públicas ou ao formato do propio goberno, pero entendemos que neste momento tiñamos que actuar con xenerosidade e non pór máis pedras no camiño dun goberno que ao estar conformado por catro partidos diferentes xa vai ter dificultades no seu entendimento interno.

Fomos a terceira forza máis votada no concello e a segunda no casco urbano, poderíamos negociar co PSOE a primeira tenencia de alcaldía e un par de concellerías con peso político ou mesmo tratar de negociar co PP a obtención da alcaldía para C21, pero a nosa moralidade e a nosa responsabilidade impídenolo. Aspiramos a gobernar o noso querido Tui, pero cando se dean as circunstancias para poder facelo desde o respeito aos nosos votantes, desde a posibilidade de aplicar os nosos principios, desde a moralidade e sen condicionantes que nos impidan aplicar o noso modelo de xestión.

Sería inmoral negociar agora co PP, outra cousa podería chegar a ser cun PP limpo e renovado no futuro, ao que lle poderíamos chegar a propor que fose o socio menor nunha coalición de goberno con nós, os liberais podemos chegar a pactar con esquerda e dereita e C21 acaba de demostrar que ten opcións de ser un actor destacado no futuro político de Tui. En relación ao PP, oxalá saiban renovarse e pechar definitivamente a negra etapa de Tui que eles protagonizaron desde 1998 a 2015, se non o fan pasarán moitos anos sen voltar a tocar poder, desde C21 encargarémonos de pecharlle o acceso sempre que os votantes nos sigan honrando coa mesma ou máis confianza da que obtivemos nestas eleccións.

Desde C21 non accedimos á petición expresada polo señor Cabaleiro, de integrarnos nun goberno con PSOE, BNG, ATT e ST. É unha cuestión de principios e de responsabilidade a que nos leva a tomar esta determinación; en primeiro lugar, nun goberno conformado maioritariamente por partidos de esquerdas encontraríamonos desubicados e non teriamos nengunha posibilidade de que o noso criterio prevalecese, nos cremos no protagonismo da sociedade civil e dos individuos, na baixada de impostos, na desburocratización, na redución da intervención pública, etc, enfoque que a esquerda non comparte. Precisamente por esas diverxencias de criterio seríamos un factor de desestabilización ao non compartir moitas medidas que a esquerda considera pertinentes e necesarias.

Como estamos en política para traballar por un Tui próspero e non para buscar un postiño podemos e debemos tomar a decisión de rexeitar neste momento os postos que poderíamos ocupar no goberno local. Tendo en conta que se nos acusa aos políticos de estar en política para buscar postos e diñeiro pois espero que a renuncia que fai C21 sexa ben valorada, sería o colmo da hipocrisia acusar aos políticos de buscadores de rendas e cando uns políticos rexeitan esas rendas ainda por riba criticalos.

O poder en canto se sinte cómodo comeza a abusar, é un comportamento consustancial á natureza humana, o noso obxectivo neste mandato é facer un labor de oposición responsable e contructiva pero tamén incisiva cando sexa necesario, para que haxa un bo goberno ten que haber unha boa oposición e se C21 entrase no goberno o concello de Tui quedaría sen oposición xa que o PP e as suas marcas brancas (CT e APT) non teñen vocación, nen capacidade para facer unha boa oposición, por non falar da sua falta de lexitimidade, Rocha, Manuel González e Sousa formaron parte moitos anos dos gobernos da era Rocha-Moises polo que a sua lexitimidade para facer agora oposición é case nula. Portanto de non quedarse C21 na oposición non habería durante os vindeiros catros anos un control ao labor do goberno medianamente efectivo.

E que ninguén se leve a engano, sen oposición calquera goberno acaba abusando do seu poder, tamén a esquerda, por moita supremacia moral que eles se autoatribuan. Abrimos unha nova etapa esperanzadora para Tui, unha etapa que non tería sido posible sen o concurso de C21. Sorte ao novo goberno.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones