Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

C21: Pronunciamento en contra da entrada de Tui na Área Metropolitana de Vigo

C21 pide que o pleno do concello de Tui se pronuncie en contra da entrada de Tui na Área Metropolitana de Vigo.

C21 pide que o pleno do concello de Tui se pronuncie en contra da entrada de Tui na Área Metropolitana de Vigo.

Fecha: 29 de Septiembre de 2016

Fuente: Converxencia 21

Tendo en conta que:

-A integración de Tui na Área Metrolitana de Vigo veu a pleno en xullo e foi retirada no mesmo momento polo alcalde impedindo o seu debate e votación.

-Que o alcalde comprometeuse no mesmo pleno de xullo a traer de novo a pleno a proposta en setembro e non o cumpriu.

-Que o que diga Tui é importante e non só para Tui senón para toda a nosa área de influencia o que fai perentorio que se saiba cal é a postura do pleno ao respeito da integración na AM.

E lembrando que:

-A integración na AM de Vigo menoscaba fortemente a autonomía local de Tui.

-Que na lei da AM deixa claro que Vigo tería un control praticamente absoluto sobre as decisións.

-Que Tui non lle compensa participar dunha nova "Deputación de Vigo", que é en realidade do que se trata e que a diferenza das deputacións existentes estaría financiada fundamentalmente desde abaixo, desde os concellos.

-Que o custo da AM oscilaría entre arredor dos 80 millóns (estimación aproximada do estudo feito hai xa anos pola Universidade de Vigo) e os 120 millóns que se obterían de facermos unha regra de tres que tivera en conta o orzamento da AM de Barcelona, a única operativa en España, que supera os 600 millóns e aplicase ese custo per capita á poboación da AM de Vigo.

-Que Tui representaría algo menos do 3% da poboación da AM de Vigo e tería que asumir esa porcentaxe do orzamento obrigando a unha suba forte de taxas e impostos.

-Quen en áreas estratéxicas para Tui como o turismo, con especial mención ao camiño de Santiago, non nos interesa en ningún caso subordinarnos a Vigo.

-Que non queremos ser un bairro de Vigo, cos impostos de Vigo e coa falta de autonomía dun bairro de Vigo.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:

-Que o pleno do concello de Tui se pronuncie en contra da entrada de Tui na Área Metropolitana de Vigo.

Grupo municipal de C21
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones