Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, fai públicas as delegacións nos membros do goberno municipal

O novo goberno terá unha dedicación completa do alcalde e tres parciais non superando o gasto político do anterior goberno

O novo goberno terá unha dedicación completa do alcalde e tres parciais non superando o gasto político do anterior goberno

Fecha: 20 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de facer públicas as delegacións da alcaldía nos membros do equipo de goberno e as dedicacións que haberá no seu goberno, que non superarán economicamente as do anterior, estando incluso un pouco por baixo.

Carlos Vázquez Padín asume as áreas de Facenda, Participación Cidadá e Medio Rural e terá dedicación exclusiva total. O primeiro tenente de alcalde será Antonio Castro Negro, do PP, que asume amais Seguridade Cidadá, Fomento e Protección Civil. Terá unha dedicación parcial. Milagros González Monteiro, de Ciudadanos Tudense, será a segunda tenente de alcalde, e será a responsable das áreas de Educación, Mercados e Persoal. Contará cunha dedicación parcial. María Jesús da Silva Fernández, de Alternativa Popular de Tui, que será a terceira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo.

Eduardo Freiría Martínez, de Converxencia 21, será o cuarto tenente de alcalde, e terá as delegacións de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente. A concelleira do Partido Popular Estrella Carmen Muradas Maceira levará a área de Servizos Sociais. O tamén popular José Rodríguez Romero será o responsable de Vías e Obras, Parque Móbil, Limpeza e Alumeado, e terá a terceira dedicación parcial. Mentres Andrés Urseira González, de Ciudadanos Tudenses, será o concelleiro de Deportes, Turismo, Eurocidade e Relacións Supramunicipais. Por último Yovana Velázquez Torres, do Partido Popular, será a concelleira de Comercio e Industria.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, avanzou tamén que a Xunta de Goberno Local, estará conformada por el mesmo xunto a Antonio Castro Negro, Milagros González Monteiro, María Jesús da Silva Fernández, Eduardo Freiría Martínez e Estrella Carmen Muradas Maceira.

Carlos Vázquez Padín, como alcalde asume a presidencia das comisións informativas, salvo a de Cultura que será presidida polo seu compañeiro de C21, Eduardo Freiría.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones