Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carme Núñez reclama máis recursos no ámbito local e xudicial para combater a violencia machista

A portavoz do grupo municipal do BNG de Tui, Carme Núñez, vai trasladar no pleno deste xoves unha inciativa, ao abeiro do 25N

A portavoz do grupo municipal do BNG de Tui, Carme Núñez, vai trasladar no pleno deste xoves unha inciativa, ao abeiro do 25N

Fecha: 29 de Noviembre de 2018

Fuente: BNG Tui

A portavoz do grupo municipal do BNG de Tui, Carme Núñez, vai trasladar no pleno deste xoves unha inciativa, ao abeiro do 25N, para demandar máis recursos do punto de vista local e xudicial para combater a violencia machista.

Con esta moción, o BNG expresa "a preocupación pola violencia machista en todos os seus graos", afirmou Carme Núñez, tanto polos feminicidios como cos datos de agresións e ataques contra a liberdade sexual en todos os ámbitos "porque hai moitas denuncias que nin sequera chegan aos xulgados ( só chegaron 5.000 casos que representan un 20%) e tamén sabemos o que representa a xustiza neste país polos resultados das sentenzas machistas". Para iso reclamou un maior compromiso e formación no ámbito xudicial.

Tamén a moción pide un incremento de recursos para os concellos para destinalos a combater a violencia de xénero, co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero acrecentáronse "as competencias nas administracións locais mais precisa unha dotación orzamentaria superior". En 2018 había 8 millóns destinados a Galiza, unha cantidade insuficiente porque non se teñen en conta a dispersión nin o avellentamento da poboación, dixo.

O BNG reclama tamén que a Xunta cree unha unidade de violencia machista que se integre na Dirección Xeral de Xustiza "porque se existen leis favorecedoras para combater a violencia de xénero ten que haber un organismo encargado de facer que se cumpran os protocolos".

Ademais é necesario que existan xulgados específicos contra a violencia de xénero en todas as cidades e formación especializada para todo o persoal que intervén, desde axuda psicosocial, equipos forenses, xuíces e persoal de avogacía, entre outros, que contribúan a evitar a violencia institucional que fai repetir unha e outra vez os acontecementos cando se pode suplir cunha gravación previa. Demanda garantir os espazos separados de declaración e espera para evitar o contacto de vítimas e agresores, que se inclúa o estudo do agresor e dotar os servizos de garda para atender os casos de violencia machista, entre outras medidas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones