Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carme Núñez tacha de pura -propaganda eleitoral- o anuncio do PP de abordar a recuperación do casco histórico de Tui

O que debera de explicar o PP de Tui , en nota de prensa, con maioría absoluta, tanto no concello de Tui, coma na Xunta, ou no seu momento no Congreso , é por que non fixo absolutamente nada para evitar o deterioro do conxunto monumental.

O que debera de explicar o PP de Tui , en nota de prensa, con maioría absoluta, tanto no concello de Tui, coma na Xunta, ou no seu momento no Congreso , é por que non fixo absolutamente nada para evitar o deterioro do conxunto monumental.

Fecha: 18 de Marzo de 2019

Fuente: BNG Tui

Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, califica de burda propaganda eleitoral o anuncio do PP de abordar no seu programa a recuperación do centro histórico apoiándose no programa Rexurde da Xunta de Galiza para a compra e restauración de edificios en zonas históricas.

Na propia noticia en prensa son dous dos varios candidatos da dereita tudense os que aparecen apropiándose da idea, facendo campaña eleitoral a poucas semanas das eleccións a costa dun tema fundamental para a veciñanza tudense.

"O que debera de explicar o PP de Tui , en nota de prensa, con maioría absoluta, tanto no concello de Tui, coma na Xunta, ou no seu momento no Congreso , é por que non fixo absolutamente nada para evitar o deterioro do conxunto monumental. Máis ben todo o contrarrio, permitíu e fomentou o seu abandono. Tempo tivo en preocuparse por recuperalo poidendo conseguir axudas de governos "amigos" e non o fixo.Como pretende que agora as nosas veciñas e veciños crean nas súas intencións?", apuntou a nacionalista Carme Nüñez.

"En canto ao señor Padín, xa sabemos que se apunta a calqueira "bombardeo" con tal de ser protagonista e de saír na foto. Mais non hai ego que poida tapar o feito de non ter concelleira de urbanismo nun concello como o de Tui que precisa tanto o seu traballo neste departamento", salientou a portavoz municipal do BNG.

Tivemos que ser nós, durante o o governo municipal anterior, desde a concellaría de patrimonio, as que rescatamos e comezamos a por en valor o conxunto histórico tudense ante a ineptitude de sucesivos governos do PP.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones