Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CARMELA SILVA ASISTE EN TUI Á VISITA GUIADA DA MOSTRA -MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO- IMPULSADA POLA DEPUTACIÓN

A mostra, encadrada no proxecto -Mulleres en acción: Violencia Zero-, ten por obxectivo reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención na problemática da violencia machista

A mostra, encadrada no proxecto -Mulleres en acción: Violencia Zero-, ten por obxectivo reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención na problemática da violencia machista

Fecha: 10 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto coa deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu hoxe á visita guiada da exposición itinerante impulsada pola Deputación "Mulleres en acción: Violencia Zero" no concello de Tui. A exhibición recolle os resultados de acción artística contemporánea do proxecto, desenvolvido simultaneamente o pasado 25 de novembro, Día Internacional contra A Violencia de Xénero, por artistas galegas en 10 concellos da provincia (Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Moaña e Caldas de Reis).

Carmela Silva dirixiu as súas verbas as alumnas e alumnos de colexios de Tui que participaron na visita e pediulles tanto a nenas como nenos que pelexaran xuntos pola igualdade. A presidenta provincial tamén sinalou que "queremos mover á sociedade fronte á dor e erradicar a violencia machista desde a educación"

Carmen Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de darlle corpo a "Mulleres en acción: Violencia Zero", co obxectivo de fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica e, ao mesmo tempo, promover a visibilidade das novas artistas galegas, achegándose á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos da experiencia e a creación colectiva, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista.

Esta mostra está a percorrer os concellos nos que se desenvolveu o proxecto para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención na actual problemática da violencia machista. A exposición, que xa se mostrou nos concellos de Pontevedra, Tomiño e Lalín, poderase ver en Tui a partir de hoxe; en xuño chegará a Caldas, en xullo a Redondela, en agosto a Vilagarcía de Arousa, en setembro a Cangas, en outubro a Moaña e, finalmente, en novembro no concello de Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí