Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva insta á Xunta e ó Estado a comprometerse co papel de Tui na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O alcalde de Tui subliña que a institución provincial, cun incremento do 6% dos recursos do Plan Concellos con respecto ao ano anterior, é a que máis está a investir no concello

Carmela Silva visitou o Centro Municipal de Remo e as instalacións deportivas Álvarez Durán onde o goberno de Tui acometeu obras co financiamento do Plan Concellos 2016

Fecha: 09 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitou esta mañá o concello de Tui, da man do seu alcalde, Enrique Cabaleiro, e de membros do goberno municipal, para falar dos proxectos que a institución provincial está a poñer en marcha no concello e coñecer, de primeira man, as súas principais demandas para a vila.
 


Unha das principais cuestións que se trataron no encontro foi o papel clave de Tui na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Ao respecto, Carmela Silva manifestou que "sería unha irresponsabilidade que as administracións públicas non apoiasen proxectos en Tui e no Baixo Miño, tendo en conta a posición estratéxica e as enormes potencialidades de todo tipo que ten esta comarca, por iso, neste eido, tendes o compromiso absoluto do goberno provincial e fago un chamamento á Xunta e ó Goberno de España para que se sumen a nós".

Máis polo miúdo, Carmela Silva pediu que "o sur da provincia de Pontevedra e Tui como un dos seus núcleos principais, poidan ter as infraestruturas e proxectos que permitan converter a este territorio nun gran centro de desenvolvemento" e incidiu, entre outras cuestións, na saída sur ferroviaria Vigo-Oporto, "clave para Tui e por ende para a provincia de Pontevedra".

Durante a reunión tamén se falou dos proxectos que o concello de Tui está a levar a cabo coas achegas da institución provincial ao abeiro do Plan Concellos. Neste caso, Carmela Silva subliñou que este ano o orzamento para a vila supera o millón de euros, subindo un 6% con respecto ao 2016, cando as achegas xa subiran un 28% con respecto ao 2015. Amais, a Presidenta da Deputación manifestou que o ano pasado, xunto aos investimentos do Plan Concellos de preto dun millón de €, a institución provincial destinou "máis de 40.000 € en cultura, preto de 65.000 € en cohesión social, máis de 85.000 en deportes e apoios a clubs, preto de 60.000 € en promoción do emprego e de 2.000 € en igualdade".

Carmela Silva destacou o papel de Tui na promoción turística que a institución provincial está a desenvolver este ano e que xa se presentou en Pontevedra, Vigo, Madrid, mañá o fará en Lisboa e nos vindeiros meses en Andalucía. "Quero recordar - tal e como indicou Silva- que este ano un dos eixos promocionais é "Cruzando camiños" no que o Camiño Portugués Tradicional e Tui como o seu centro neurálxico son grandes protagonistas e teñen un papel fundamental".

Esta promoción do camiño tamén se levará a cabo, segundo adiantou a Presidenta da Deputación, nas casas galegas situadas en diferentes puntos da xeografía mundial, "para establecer relacións que nos permitan que as galegas e os galegos teñan un contacto permanente con nós, baseado no respecto e no moito que lles debemos, para que a través delas e deles se poida transmitir e coñecer o noso territorio".

E, xunto coas presentacións de destino e a presenza en casas galegas, outra das liñas promocionais do camiño e de Tui como corazón da ruta portuguesa tradicional é o patrocinio de series audiovisuais. Ao respecto, Carmela Silva subliñou que "xa o fixemos coa serie "O Final do Camiño" e o faremos con "Camiños de Irmandade" que se vai emitir proximamente na TVG e na RTP1 Portuguesa con nove episodios dos cales o número 8 transcorre en Tui, con imaxes da catedral, da ponte de ferro, do palco e terraza da Rúa Ordóñez, da beira do Miño...".

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pola súa banda, destacou que a Deputación de Pontevedra é a institución que máis está a investir no concello. En concreto, Cabaleiro manifestou que a través das achegas do Plan Concellos "estamos a levar a cabo investimentos na mellora dos espazos e equipamentos públicos, sobre todo os destinadas ao ensino, á cultura e á práctica de actividades deportivas xa que moitas infraestruturas se atopaban en situación precaria".

A Deputación de Pontevedra investiu no 2016 máis de 1,4 millóns de € en Tui, impulsando a posta en funcionamento de actuacións e proxectos entre os que se atopan as obras realizadas para manter e conservar o Centro Municipal de Remo, ás que a institución provincial destinou 35.000 € e que permitiron resolver os problemas de humidades e filtracións, así como a evacuación de augas pluviais e as gretas na súa fachada, e as melloras nas instalacións deportivas Álvarez Durán, ás que a Deputación achegou máis de 227.000 € a través dos cales se mellorou o céspede artificial e o perímetro do recinto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones