Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva pon a disposición de Tui -todo o que sexa necesario-

A presidenta da Deputación, reuniuse coas familias afectadas pola explosión e coa comunidade magrebí e insta ás administracións competentes a garantir un espazo digno para poder enterrar ás persoas falecidas atendendo á súa relixión

Silva enxalzou o traballo que están a desenvolver desde a Garda Civil ata a Policía e os servizos de extinción de incendios para solucionar a -dramática- situación de Tui

Fecha: 24 de Mayo de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou de novo esta mañá a zona cero de Paramos en Tui para coñecer os traballos que desde o centro de mando se están a desenvolver ante a explosión acontecida onte pola tarde, que ata o momento supuxo a morte de dúas persoas e 37 feridas. Despois, Silva acudiu ata o Centro Cultural de Guillarei onde persoal especializado en psicoloxía e servizos sociais está a atender ás persoas afectadas. A presidenta reuniuse coas familias, moitas delas pertencentes á comunidade magrebí, quen lle trasladaron a necesidade de ter un espazo para enterrar á parella falecida atendendo á súa relixión. "Todas as persoas temos dereito a unha vida e morte dignas, a enterrar aos nosos mortos segundo as diferentes relixións e as administracións competentes deben garantir que exista esta posibilidade", asegurou Carmela Silva, que engadiu que "a situación é terrible, isto parece unha zona de guerra, con xente que o perdeu todo, a dor é tremenda".

Silva informou que nestes momentos "seguimos tendo dúas dotacións operativas en Tui, a de Bueu e O Porriño, que están facendo todas as labores que o centro de mando do operativo formula". Neste eido, a presidenta provincial amosou a súa "disposición total en todo o que sexa necesario". Máis polo miúdo, a presidenta provincial asegurou que "xa lle dixen ao concello de Tui que solicite a partir do Servizo de Asistencia Intermunicipal da Deputación todo o que precisen, así como lle ofrecín as posibilidades de prestar servizo de asistencia social co noso persoal, todos os nosos efectivos de emerxencias e, se fose preciso, calquera aportación do Parque de Maquinaria".

Sobre a posibilidade de atopar novas vítimas mortais, a presidenta informou que "hai bastantes posibilidades de que non haxa novas persoas falecidas, aínda que isto non se pode descartar nunca porque nunha situación como esta pode haber datos que non se coñezan".

A presidenta da Deputación tamén deu a coñecer o estado de situación dos traballos. Deste xeito, Silva adiantou que "efectivos do Tedax están a facer novas prospeccións e valoración da situación xa que están a aparecer pequenos focos e é probable que aínda quede material que poida explotar". Unha vez rematadas estas prospeccións continuarán as tarefas de desescombro e, "de forma inmediata, como xa anunciaron as administracións competentes, dar unha resposta rápida e poñer en marcha as axudas para que as persoas afectadas poidan recuperar a súa vida, porque a normalidade xa non a recuperarán nunca".

Carmela Silva tamén tivo palabras para enxalzar o traballo dos corpos e forzas de seguridade do estado. "Non teño máis que palabras de agradecemento e de recoñecemento polo que están a facer aquí desde a Garda Civil, ata a Policía e os efectivos de extinción de incendios para solucionar a dramática situación de Tui", asegurou a presidenta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones