Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva recibe ás ?heroínas- do Atlético Guardés, campioas de liga de balonmán feminino

A Presidenta confirmou que a Deputación de Pontevedra levará adiante a redacción do proxecto de ampliación do pavillón da Sangriña

A Presidenta confirmou que a Deputación de Pontevedra levará adiante a redacción do proxecto de ampliación do pavillón da Sangriña

Fecha: 02 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta confirmou que a Deputación de Pontevedra levará adiante a redacción do proxecto de ampliación do pavillón da Sangriña.A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu no Pazo provincial á directiva, ao equipo técnico e ás xogadoras do equipo de balonmán Atlético Guardés, que veñen de alzarse co título de campioas da División de Honor de Balonmán, a máxima categoría da súa disciplina. No encontro, no que tamén estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, maila Deputada e concelleira da vila Montse Magallanes, a Presidenta provincial asegurou que "a Deputación de Pontevedra vai levar adiante, con medios propios, a redacción do proxecto para a ampliación do pavillón da Sangriña", isto é, as instalacións municipais que emprega o equipo.

Carmela Silva resaltou que "este é un feito histórico", xa que é a primeira vez que o Guardés se fai co primeiro posto desta Liga, e resaltou que "ademais nunha vila de menos de 10.000 habitantes como é A Guarda, o que me fai sentirme moi orgullosa de todas vós" xa que "sodes un exemplo de que con poucos recursos, dende logo moitísimos menos que dos que dispoñen nas grandes cidades e noutras comunidades autónomas máis ricas que a de Galicia, se poden conseguir grandísimas cousas".

A Presidenta provincial lembrou que "o deporte feminino necesita moitos máis recursos e tamén moita máis visibilización". Carmela Silva afirmou que "dende a Deputación estamos facendo un grande esforzo polo deporte feminino, pero queremos tamén que se recoñezan os vosos méritos, os vosos nomes e as vosas caras, que non quede nunha nova duns días senón que o conxunto do colectivo da nosa cidadanía lembre que sodes as campioas de liga".

Carmela Silva cualificou ás xogadoras do Atlético Guardés de "heroínas" e asegurou que "sodes un exemplo para todas as mulleres" e, ademais, "marcastes historia". Pola súa banda, o alcalde da Guarda agradeceu "o compromiso deste Goberno da Deputación de Pontevedra co club e coa redacción do proxecto" e o presidente do club, José Manuel Silva, asegurou que "temos que loitar por que o deporte feminino teña as mesmas axudas que o deporte masculino dende todas as administracións".

Como colofón do encontro, Carmela Silva fixo entrega ao club dunha placa conmemorativa do seu título e, ademais, a Presidenta provincial recibiu unha camiseta asinada por todas as xogadoras do club.

Co seu novo título, as xogadoras do Atlético Guardés xogarán unha clasificatoria para a Champions League de balonmán e, ademais, disputarán a Supercopa de España co equipo gañador da Copa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones