Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Case 400 alumnos de secundaria asisten este mércores á proxección de Sicixia no Teatro Municipal

Participarán 220 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES San Paio, 114 alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón e 50 alumnos de 3º e 4º da ESO do CPR Santa María Maristas.

Participarán 220 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES San Paio, 114 alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón e 50 alumnos de 3º e 4º da ESO do CPR Santa María Maristas.

Fecha: 08 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Un total de 384 alumnos de ESO e Bacharelato do IES San Paio, do IES Indalecio Pérez Tizón e do CPR Santa María Maristas asistirán este mércores, 8 de novembro, ás 11h no Teatro Municipal de Tui á proxección de "Sicixia" de Ignacio Vilar. Trátase dunha actividade gratuíta organizada pola concellería de Cultura de Tui co obxectivo de achegar o cinema aos escolares.

En concreto participarán 220 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES San Paio, 114 alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón e 50 alumnos de 3º e 4º da ESO do CPR Santa María Maristas.

Ignacio Vilar achéganos en "Sicixia" á Costa da Morte retratando o seu inigualable patrimonio mesturando ficción e realidade. A película está interpretada por Monti Castiñeiras, Marta Lado, Arantza Villar, Melania Cruz, Artur Trillo, Dani Trillo e Tamara Canosa. Ao longo de 98 minutos presenta o encontro entre Xiao, enxeñeiro de son que ten gravar os sons da xente e da natureza deste recuncho de Galicia, e Olalla, guía local. Ese encontro provoca que as súas vidas escapen ao seu control e pasan a ser rexidas por unha lei superior.

Estreada en novembro de 2016 a película estivo xa presente en distintos festivais logrando distintos recoñecementos como o de Mellor Filme Estranxeiro no WorldFest Houston ou o premio á Mellor Interpretación Feminina para a actriz Marta Lado no Festival Cinespaña de Toulouse. O pasado 12 de maio proxectouse xa no Teatro Municipal para o público en xeral.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones