Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CATORCE EQUIPOS PARTICIPAN O DOMINGO EN TUI NA SEGUNDA XORNADA DA LIGA INTERNACIONAL DE CLUBS LUSO GALEGA

Este domingo, a partir das 14.30h, celébrase no novo pavillón de deportes de Tui a segunda xornada da Liga Internacional de Clubs Luso Galega de Judo 2016

Comezará ás 14.30h no novo pavillón de deportes organizada polo Juvalença e o Judo Club Tudense

Fecha: 14 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Este domingo, a partir das 14.30h, celébrase no novo pavillón de deportes de Tui a segunda xornada da Liga Internacional de Clubs Luso Galega de Judo 2016 organizada polo Juvalença e o Judo Club Tudense. Na mesma van participar 11 equipos masculinos e 3 femininos de Galicia e Portugal.

Esta mañá tivo lugar na casa do concello de Tui a presentación deste evento deportivo por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, a presidenta do Juvalença, Argentina Rosa da Silva, e o presidente do Judo Club Tudense, David Morais.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, deulles os parabéns aos representantes do Juvalença e do Judo Club Tudense polo seu esforzo e traballo para o desenvolvemento deste deporte, ao tempo que convidou á poboación a presenciar este domingo a competición. Destacou amais coma a fin de semana chega chea de eventos deportivos na cidade, a amais desta competición de judo co II Rallie Eurocidade, a XIII Andaina Tudense, e o derbi entre o Caldelas e o Ribadelouro.

O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, destacou que a deste domingo é unha xornada importante para o judo, un deporte, dicía, que se está asentando en Tui. Tras a competición realizada en Santarem, Tui acolle a segunda xornada desta liga de judo que rematará en Coimbra.

A presidenta do Juvalença, Argentina Rosa da Silva, e o presidente do Judo Club Tudense, David Morais, explicaron que os deportistas dos dous clubs competirán unidos coma un único equipo representando á Eurocidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones