Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Catro ciclistas feridos despois dun atropelo na PO-552 en Viladesuso-Oia

O accidente tiña lugar sobre as 12:00h deste mediodía preto do lugar coñecido coma Porto dos Barcos en Viladesuso-Oia

Alomenos 4 ciclistas resultaron feridos de diversa consideración ó ser embestidos por un vehículo cando circulaban por esta estrada do municipio de Oia.

Fecha: 15 de Enero de 2017

Fuente: Infomiño.com

Sobre as 12:00h deste mediodía tiña lugar na estrada PO-552 un novo atropelo dun vehículo a un grupo de ciclistas no lugar de Porto dos Barcos en Viladesuso, no termo municipal de Oia.

Alomenos 4 ciclistas resultaron feridos de diversa consideración ó ser embestidos por un vehículo cando circulaban por esta estrada do municipio de Oia.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Guardia Civil de Tráfico, GES de A Guarda e varias ambulancias que atenderon no lugar ós feridos e os trasladaron ata Centros Hospitalarios da cidade olívica.

Descoñecense de momento as circunstancias polas que se producíu este accidente, e segundo os primeiros datos dos que dispomos, novamente o conductor do vehículo é unha persoa de idade avanzada.

Non é a primeira vez que acontece un accidente con ciclistas involucrados na PO-552, recordamos o tráxico desenlace do accidente vivido o 12 de marzo de 2016 nesta mesma estrada no municipio de A Guarda, con 2 ciclistas falecidos: Ver noticia

Recentemente se ten instalado nesta zona unha nova sinalización vertical advertindo ós conductores da presenza de ciclistas nesta estrada, ó tratarse dunha zona na que habitualmente se realizan adestramentos de ciclistas profesionais e amateurs.

Segundo adiantaron dende o CAE 112-Galicia "En Oia foron tres os ciclistas que necesitaron asistencia sanitaria. Eran sobre as 12:00 horas deste mediodía, cando o 112 Galicia era alertado dun atropelo a un pelotón de ciclistas. Os feitos tiveron lugar na estrada que une A Guarda e Baiona, concretamente, en Viladesuso, no concello de Oia.

Nada mais recibir o aviso, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia (CAE 112 Galicia), alertouse á Garda Civil de Tráfico, ao GES da Guarda e, informouse tamén, aos Bombeiros de Baixo Miño. Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao persoal do CAE 112 Galicia que os tres ciclistas foron trasladados en ambulancia polo persoal sanitario. Aparentemente, non revestían gravidade."

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí