Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM

O Club Deportivo Miño acudiu con oito piragüistas das categorías cadete, júnior, sénior e veterano

O Club Deportivo Miño acudiu con oito piragüistas das categorías cadete, júnior, sénior e veterano

Fecha: 30 de Mayo de 2016

Fuente: Rosa Fernández

Esta fin de semana celebrouse a 3ª Copa de España de Slálom Olímpico na localidade de Sabero, León, na nova canle de slálom construída no río Esla.

O Club Deportivo Miño acudiu con oito piragüistas das categorías cadete, júnior, sénior e veterano: Marco Patiño , Laura Soutelo, Manuel Ochoa, Brais Castro, Laura Alonso, Andrea González, Luís Fernández e Emilio Rodríguez. Ariadna Pereira tamén participou, pero de abridora.

A competición transcorreu ao longo de dúas xornadas, a primeira  sábado e a segunda o domingo, sumándose os resultados das dúas. Todos os nosos deportistas deron o mellor de si mesmos, obtendo uns resultados que fai non moitos anos eran impensables no piragüismo de augas bravas galego.

Catro foron os podios acadados: Emilio Rodríguez foi prata na categoría K1 veterano; Luís Fernández, o primeiro galego que optou a unha praza olímpica, acadou a medalla de ouro na categoría C1 sénior; Manuel Ochoa tamén ouro en K1 júnior e Brais Castro bronce en C1 júnior. Luís, Manuel e Brais forman parte do equipo nacional sub 23 que representarán a España no mundial que se celebrará en Cracovia no mes de xullo.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou en cuarto posto, por detrás do Atlético San Sebastián, o Santiagotarrak de Irún e o Cadi Canoe-Kayak da Seu D´Urgell.

Non foron as nosas as únicas medallas para os galegos, Sen Siras, Penedo, Tea e Dumbría tamén subiron o podio. Estes bos resultados débense en gran medida a boa labor que están facendo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra no que están becados 6 piragüistas adestrados por Ekhi Díaz.

FOTOS https://picasaweb.google.com/109529194923691483792/6289802923018888465

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones