Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Cento cincuenta nenos e nenas de Primaria estrean a nova pista de atletismo da Área Deportiva do Mosteiro en Tomiño

Nos minutos previos á competición, celebrouse un sinxelo acto de inauguración das instalacións, presidido pola alcaldesa e o inspector da Consellería de Educación

Nos minutos previos á competición, celebrouse un sinxelo acto de inauguración das instalacións, presidido pola alcaldesa e o inspector da Consellería de Educación

Fecha: 11 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Cento cincuenta alumnos e alumnas de Primaria estrearon esta mañá, a nova pista de atletismo construída polo Concello de Tomiño na Área Deportiva do Mosteiro, situada ao lado do CEP Pedro Caselles.

As probas, de promoción do deporte, estiveron coordinadas por Agrudebam (Asociación Deportiva Baixo Miño), e realizáronse a partir das dez e media da mañá, coa participación de 150 nenos e nenas de 5º curso, procedentes dos cinco colexios tomiñeses de Primaria e do Suárez Marquier, do Rosal.






Nos minutos previos á competición, celebrouse un sinxelo acto de inauguración das novas instalacións, que estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o inspector da Consellería de Educación, Carlos Alberto Antuña. Os mandatarios estiveron acompañados polo director do CEP Pedro Caselles Beltrán e coordinador de Agrudebam, Alfonso Lorenzo, concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso e representantes da ANPA e Claustro de Profesores.
Antuña agradeceu ao goberno municipal a súa colaboración permanente coa educación e o deporte de base, salientando tamén a calidade do claustro de profesores. "Sodes uns privilexiados porque tedes un claustro de profesores único, comprometido e sempre disposto a colaborar", sostivo.

A alcaldesa, pola súa banda, deu a benvida a todos os participantes, animándolles a participar e a utilizar, con respecto e coidado, a nova instalación.


As probas nas que participou o alumnado foron: 60m Lisos, 500m Lisos, Lanzamento de Vórtex, Salto de Lonxitude, Lanzamento de peso de 2kg, e Relevo 4×60 m.

A nova pista de atletismo posúe catro calles e 200 metros de lonxitude, debido ás posibilidades dimensionais do espazo da parcela. O investimento total foi de 54.716 euros financiados a través do Plan Concellos 2016, da Deputación de Pontevedra.
O espazo interior da pista acondicionouse con céspede natural, co propósito de empregalo como campo de fútbol.

A nova instalación ponse ao servizo da comunidade escolar do colexio Pedro Caselles, e tamén da cidadanía en xeral, fora do horario escolar.
Con esta nova obra, a Área Deportiva do Mosteiro conta cunha pista de atletismo, tres de tenis e unha de pádel, que ocupan 5.405 m2 da parcela. A estas hai que sumar as instalacións do CEP Pedro Caselles (dúas pistas pequenas de baloncesto, outra polivalente e un campo de volei), que ocupan outros 25.000 m2.

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, salienta que a utilización conxunta de todas as instalacións "supón un equipamento deportivo moi completo, se se realiza un uso sostible e razoable do espazo".

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí