Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Charla divulgativa en Tui -Profundar na democracia. Dereito a decidir-

O coloquio terá lugar, este venres 15 de decembro ás 20:30 na aula Cemit da Área Panorámica de Tui

O coloquio terá lugar, este venres 15 de decembro ás 20:30 na aula Cemit da Área Panorámica de Tui

Fecha: 15 de Diciembre de 2017

Fuente: BNG - Baixo Miño

O dereito a decidir dos pobos é unha vella reivindicación do BNG para resolver os problemas do noso país, porque a actual dependencia de Galiza é precisamente unha das claves do desastre económico e social que está facendo desaparecer os nosos sectores produtivos.A organización nacionalista considera que é unha necesidade vital das nacións sen Estado para buscar unha saída social xusta.

"Levar este debate á sociedade, ante o silencio premeditado que se quere impor desde o estado español", para a portavoz municipal do BNG en Tui, Carme Núñez, resulta evidente que non é só Rajoy "quen pretende silenciar este dereito fundamental dos pobos".

"Queremos contar coas mellores ferramentas posíbeis para decidir o noso propio futuro, e esas ferramentas son as que teñen os estados, como por exemplo a capacidade de recaudar os impostos e decidir en que se gastan", apuntou André Vidal, responsábel comarcal de Galiza Nova.
Así pois Galiza Nova e o BNG organiza en Tui unha palestra divulgativa sobre a defensa da democracia e do dereito a decidir dos pobos, ten que pasar a primeiro plano do debate político para acadar un futuro digno para as maiorías sociais, en particular nesta situación de crise económica, dando a coñecer así tamén a proposta do BNG sobre bases democráticas para unha nova Galiza.

O coloquio terá lugar, este venres 15 de decembro ás 20:30 na aula Cemit da Área Panorámica de Tui no que intervirán : André Vidal, responsábel comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño, Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, André Abal, representante do BNG na emigración, e Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones