Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CINCO OUROS PARA OS TEIXUGOS NA VII TAÇA IBÉRICA DE SLALOM

Durante a tarde do sábado celebráronse as eliminatorias, cun circuíto difícil e de moi alto nivel

Durante a tarde do sábado celebráronse as eliminatorias, cun circuíto difícil e de moi alto nivel

Fecha: 26 de Enero de 2016

Fuente: Rosa Fernández

Esta fin de semana tivo lugar en Azenha de Pagade, na localidade lusa de Covas, a VII Taça Ibérica de Slálom, coa que se abre a tempada de piragüismo na modalidade de augas bravas, tanto a nivel autonómico galego como nacional portugués. Nesta xornada de convivencia participaron  os clubs galegos e portugueses máis importantes.

Durante a tarde do sábado celebráronse as eliminatorias, cun circuíto difícil e de moi alto nivel, polo que moitos deportistas xa quedaron eliminados de finais ao non superar o tempo de corte.

Ao longo da mañá do domingo tiveron lugar as finais, cos seguintes gañadores;  na modalidade de kaiak ou k1masculino: en Infantil, Eduardo Teixeira do ADA de Amarante;  en Cadete, Jorge Quintáns do Club Sensiras de Dumbría; en Júnior,  Manuel Ochoa dos Teixugos; en Sénior, Ivan Silva do Augas Bravas Club de Amarante; e en Veterano Aaron Rey do Club Sensiras de Dumbría. Na modalidade de kaiak ou k1 Feminino : en Infantil, Ariadna Pereira dos Teixugos; en Cadete Ainhoa Lameiro do C.P. Penedo de Caldelas; e en Sénior Andrea González dos Teixugos. Na modalidade de canoa ou C1 masculino: en Infantil, Borja Martinez  CP Penedo de Tui; en Cadete, Miguel Olaya do CP Penedo;  en Júnior, Brais Castro dos Teixugos; e en Sénior José Carvalho do ADA Amarante. E finalmente, na modalidade de canoa ou C1 feminino: en Infantil, Ariadna Pereira dos Teixugos; en Cadete, Ainhoa Lameiro do CP Penedo de Caldelas; e en C1 Sénior Lara Silva do Augas Bravas Club de Amarante.

A vista dos resultados as cousas non puideron ir mellor para os Teixugos. O Club Deportivo Miño, rematou con cinco medallas de ouro, curiosamente, non acadou ningunha de prata ou de bronce.

Na clasificación final por clubs quedou en primeiro lugar o Augas Bravas Club de Amarante, segundo O Club Deportivo Miño-Teixugos e terceiros o CP Penedo de Caldelas.

Destacar destas dúas xornadas o elevado nivel dos deportistas participantes e a impecable organización da mesma.

FOTOS: https://picasaweb.google.com/109529194923691483792/TacaIberica2016#

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones