Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CINEMA, TEATRO E MÚSICA NA PROGRAMACIÓN DO PRIMEIRO SEMESTRE NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI

O Entroido, as Festas de San Telmo, e as feiras de Artesanía e o Libro integran tamén esta oferta cultural

O Entroido, as Festas de San Telmo, e as feiras de Artesanía e o Libro integran tamén esta oferta cultural

Fecha: 19 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, foron os responsables de presentar a programación cultural do primeiro semestre do ano no municipio organizada polo propio Concello de Tui.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou unha vez máis que o investimento realizado en cultura é rendible, facendo referencia ao importante traballo que hai detrás da programación presentada esta mañá. O rexedor tudense tivo palabras de agradecemento para o público que acode de xeito fiel a estas convocatorias, agardando que as novas propostas presentadas hoxe sexan do seu agrado. Tamén agradeceu a colaboración nesta programación tanto por parte da Xunta de Galicia coma da Deputación de Pontevedra.

A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, aludía tamén á fidelidade dos espectadores que asisten ao Teatro Municipal, un feito polo que agardan que da programación agora presentada poidan disfrutar 2.500 persoas, datos similares aos do ano pasado.

Un novo número da Axenda Cultural Corredoira e a páxina web www.culturatui.info, recollen xa esta programación a desenvolver tanto no Teatro Municipal coma no exterior en diversas rúas e prazas. Do total de 15 mil exemplares que se editan da Corredoira 5 mil son distribuídos nos domicilios tudenses, outros 5 mil nos de Valença, e os 5 mil restantes repártense en distintos establecementos públicos.

No que ao Teatro Municipal se refire a programación, orzamentada en 22 mil euros aportados a parte iguais polo Concello e o AGADIC, comezará o 27 deste mes con dobre proxección da película "A Esmorga" protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania Cruz, baixo a dirección de Ignacio Villa. A cita será ás 19h e ás 22h.

O venres 6 de marzo ás 20h María Fumaça de Mos presentará o espectáculo musical "Xiqui, Xoque, Fiu, Fiu!" dirixida a público familiar. O sábado 7, ás 20.30h, actuará no teatro tudense A Panadaría con "Pan, Pan!" unha comedia western musical. Mentres o venres 13 de marzo, ás 21.30h, actuará EME2 representando "O Crédito" unha comedia protagonizada por Antonio Durán "Morris" e Pedro Alonso". Os máis pequenos da casa, con idades entre os 0 e os 3 anos, serán os destinatarios de "Chove!" a obra teatral para bebés que Titereficcións representará o sábado 14 de marzo ás 17.30h e ás 19h cun aforo limitado a 90 persoas por función. O 19 de marzo ás 20h Expresión Produccións representará a obra "Uxío no país de Patadecabra" no que se mestura teatro, maxia e monicreques. A Axenda Corredoira recolle tamén a celebración do 22 ao 26 de abril de Play-Doc, o XI Festival Internacional de Documentais de Tui. Por último no mes maio volve á cidade o Centro Dramático Galego coa súa última montaxe "Xardín Suspenso", será o día 8 ás 21.30h, e Baobab Teatro pechará esta programación cunha obra infantil de monicreques "Martes" o venres 15 ás 20h.

A Axenda Cultural Corredoira recolle tamén a programación a desenvolver nestes meses coma a dobre cita do Entroido na cidade, o martes 17 co Desfile-Concurso de Comparsas e Grupos, e o domingo 22 co Enterro do Bacallau. As festas de San Telmo celebraranse do 4 o 13 de abril con citas destacadas coma a lectura do pregón a cargo do maxistrado-xuíz Antonio Piña Alonso, o Festival Folclórico, a VII Semana de Teatro Amador ou o concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. Citas destacadas son tamén as feiras de Artesanía e do Libro que terán lugar o 2 e 3 de maio e o 17 de maio, respectivamente. Outro dos apartados da programación recolle as actividades previstas na Biblioteca Pública Municipal con celebración coma a do Día de Rosalía ou o Mes dos Libros, e da Sala de Exposicións con mostras de filatélicas, de pintura, multidisciplinares...

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones