Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CLUB DE REMO ROBALEIRA-SAN XEROME NO CAMPIONATO PORTUGUÉS ANDDI

Os resultados competitivos foron impresionantes, e unha vez máis temos que estar moi orgullosos do enorme esforzo que fan nos adestramentos os nosos remeiros

O Club de Remo Robaleira-San Xerome, se presentaba cun equipo de seis remeiros, todos competindo a nivel individual, e catro deles a máis, formando un equipo mixto por relevos.

Fecha: 16 de Junio de 2015

Fuente: Clube Deportivo San Xerome

O pasado venres día 12, celebrouse en Vilanova de Gaia o "Campeonato de Porturgal e Campeonatos Nacionais por Escaloes de Remo Indor ANDDI. Open Internacional. 2015."

Como xa comentamos noutra ocasión, a ANDDI (Associação Nacional de Desporto para a Deficiência Intelectual de Portugal), tivo a deferencia de invitarnos ao seu Campionato Nacional. E dende aquí queremos non só agradecerlle esa invitación, se non felicitalos pola gran organización e profesionalidade que amosaron en todo momento durante o Campionato.

O Club de Remo Robaleira-San Xerome, se presentaba cun equipo de seis remeiros, todos competindo a nivel individual, e catro deles a máis, formando un equipo mixto por relevos. Os resultados competitivos foron impresionantes, e unha vez máis temos que estar moi orgullosos do enorme esforzo que fan nos adestramentos os nosos remeiros, e a capacidade competitiva que amosan en cada evento. O máis destacado foi Jaime Álvarez Pereira, medalla de ouro no 1000 m senior e medalla de ouro nos 500 m "scrach" (final cos seis mellores de todas as categorías), ademais sumou un bronce como membro do equipo de relevos 4x500m. Na categoría de veteramos María F. García Orduna obtivo medalla de prata nos 1000m a que sumou o bronce por equipos, en categoría feminina, e Domingo Albadalejo Rendo con ouro e JuliánTurPérez con bronce dominaron o podium da categoría veterana nos 1000m. Finalmente, Lourdes Fernández Núñez, xunto con María F.,Jaime e Domingo, alcanzaron o bronce na categoría de relevos.

Unha vez máis felicitar aos remeiros, aos adestradores e voluntarios, o seu traballo diario que fai posible que o Club Deportivo sexa unha realidade. E por suposto, ao Club de Remo Robaleira, polo seu apoio loxístico, a súa atención e o seu agarimo que amosan hacia os nosos rapaces e a nosa organización.

Con esta competición pechamos a primeira parte do ano, a nivel individual os nosos deportistas disputarán algunhas probas atléticas, o Club regresará aos adestramentos no mes de setembro. Estamos a preparar novas disciplinas deportivas, competicións e algunha que outra novidade, das cales teredes cumplida información no noso blog: sanxeromedeporte.blogspot.com.es

Finalmente, non queremos deixar de comentar que a semana anterior se lle fixo chegar unha carta ao Secretario de Estado do Deporte do Consello Superior de Deportes (CSD), onde poñemos de manifesto a nosa reinvindicación de que se faga valer o noso dereito de participar en competicións nacionais e internacionais. Adxuntamos a carta para que teñades o texto completo."
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones