Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comédia dramática na programación deste sábado no Teatro Municipal de Tui

O sábado, 10 de febreiro, ás 20.30 a proposta é unha comedia dramática

Será coa proxección de ?Ballerina- o venres e de -María (e os demais)- o sábado

Fecha: 10 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tui

Esta fin de semana o Teatro Municipal continúa coa súa programación cultural deste primeiro semestre de 2018, e faino con dúas proxeccións cinematográficas, unha delas de animación infantil e a outra unha comedia dramática.

O venres, 9 de febreiro, ás 20h o Teatro Municipal acolle unha proposta para todos os públicos co filme de animación "Ballerina". Trátase dunha historia dirixida por Éric Summer e Éric Warin pensada especialmente para os nenos e que en 86 minutos conta a historia de Felicia, unha rapaza orfa con grande determinación e o único soño de converterse en bailarina. Para facer realidade o seu obxectivo na máxica París vivirá divertidas aventuras xunto ao seu amigo inventor, Víctor.

O sábado, 10 de febreiro, ás 20.30 a proposta é unha comedia dramática non recomendada para menores de 7 anos. O filme, que se proxectará en galego, ten unha duración de 96 minutos e fala da historia de María, que dende a morte da súa nai se encarga de coidar dos seus irmáns e do seu pai. A súa situación de muller responsable e sustento da familia, da que se sente orgullosa, vese ameazada cando este último anuncia que casa coa súa enfermeira e María comprende que debe comezar a vivir a súa propia vida. Dirixida por Nely Reguera a película conta coa interpretación de Bárbara Lennie, José Ángel Egido ou Pablo Derqui, entre outros.

As entradas estarán á venda para a proxección de "Ballerina" o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€ para quen teña dereito aos descontos establecidos por desempregado, familia numerosa, estudante, xubilado ou socio da biblioteca tudense. No caso de "María (e os demais)" o despacho de billetes abrirá o mesmo sábado ás 19h e as entradas terán un prezo de 5€ ou 3,5€ con algún dos descontos. Por problemas técnicos esta semana non estará dispoñible a venda online de entradas para ningunha das proxeccións.

Ballerina
Teatro Municipal de Tui
Data: Venres 9 de febreiro de 2018, ás 20h
Entradas: á venda o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes
Prezos: 3,5€ para o público en xeral e 2,5€ con desconto


María (e os demais)
Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado 10 de febreiro de 2018, ás 20.30h
Entradas: á venda o sábado dende ás 19h no despacho de billetes
Prezos: 5€ para o público en xeral e 3,5€ con desconto

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones