Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Comeza a funcionar o autobús directo entre Tui e Praia América

A nova liña disporá de dous servizos diarios de luns a domingo: un de ida ás 12:00 e outro de regreso con saída do areal de Nigrán ás 19:00

A nova liña disporá de dous servizos diarios de luns a domingo: un de ida ás 12:00 e outro de regreso con saída do areal de Nigrán ás 19:00

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

A liña directa de autobuses entre Tui e Praia América xa está en funcionamento. De luns a domingo, a viaxe de ida será ás 12:00h e o regreso ás 19.00h. A duración do traxecto é de 40 minutos. 

Este novo servizo é activado pola Xunta de Galicia tras a petición realizada dende o Concello de Tui. Manterase dende o sábado 30 de xullo até finais do mes de agosto. Deste xeito dende Tui contarase cunha conexión directa con praia América en Nigrán.

Os servizos estarán activos durante os meses de xullo e agosto para facilitar os desprazamentos á praia desde Tui, que non contaba con conexións directas en transporte público.

A nova liña de autobús ofrecerá un servizo atractivo para os usuarios cun tempo de viaxe reducido, de só 40 minutos, ao non contar con paradas intermedias entre Tui e Praia América. Disporá de dous servizos diarios de luns a domingo: un de ida ás 12:00 horas e outro de regreso con saída do areal de Nigrán ás 19:00 horas.

Neste novo servizo, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. No caso do concello de Tui son 681 os que actualmente dispoñen deste dispositivo. Amais os outros usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

Os horarios dos autobuses da Xunta e toda a información relativa aos novos servizos está dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí