Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comeza en Tui a campaña -En Negro- contra a violencia de xénero

Para das iniciativas previstas serán en liña na web municipal e nas redes sociais. O 25N terá lugar o acto institucional e proxectarase a película -Tódalas mulleres que coñezo- de Xiana de Teixeiro

Para das iniciativas previstas serán en liña na web municipal e nas redes sociais. O 25N terá lugar o acto institucional e proxectarase a película -Tódalas mulleres que coñezo- de Xiana de Teixeiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Tui súmase un ano máis á campaña En Negro contra as Violencias con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende mañá venres, 20 de novembro, e até o sábado 28 deste mes o Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, súmase a esta iniciativa de sensibilización que se leva a cabo en Galicia coa participación institucións, empresas, colectivos e centros de ensino.  A campaña este ano, dada a actual situación derivada da pandemia da COVID 19, terá unha importante compoñente virtual a través das redes sociais á que se anima a sumarse á cidadanía, asociacións, empresas, centro de ensino,… coa etiqueta #TuiEnNegro.

As persoas interesadas poden descargar o material da campaña en https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl e compartilo nas súas redes sociais xunto a algunhas das etiquetas  #EnNegro2020,   #EnNegro, #ContraAsViolencias, #NonEstásSoa, #QuerémonosVivas.  Tamén se pode recoller o material impreso na casa do concello. Amais dos carteis tamén se distribuirán máscaras e chapas coa imaxe da campaña.

Nas redes sociais municipais - Facebook, Twitter e Instagram – publicarase diariamente o material da campaña dende mañá venres até o sábado 28. Amais serán tamén a plataforma na que se difundan as “Lecturas para a Igualdade” entre o luns 23 e o venres 27. Persoal das librarías tudenses, da Biblioteca Municipal, da comunidade educativa, ou escritoras achegarán a súa recomendación de libros relacionados coa igualdade  e a violencia contra a muller.

Amais o propio mércores, 25 de novembro, dende a casa do concello terá lugar o acto institucional en liña coa lectura do manifesto deste 25N. Tamén o mércores, ás 18 h no Teatro Municipal proxectarase o filme “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana de Teixeiro, con posterior coloquio coa directora. A capacidade do teatro está limitada a 30 espectadores que deberán reservar gratuitamente a entrada en tui.gal. O coloquio poderá ser seguido a través de Zoom.

Neste programa de actividades colaboran as concellerías de Igualdade, Cultura e Servizos Sociais,  deixando patente o compromiso do equipo de goberno na transversalidade das políticas de igualdade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones