Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Comeza na Guarda o proxecto TENACT no que se desenvolvesen materiais pedagóxicos innovativos para traballar sobre temas medio ambientais a través do teatro

A primeira reunión do proxecto en el que participa a asociación FOCO te lugar no Concello da Guarda nos días 28 e 29 de xuño.

A primeira reunión do proxecto en el que participa a asociación FOCO te lugar no Concello da Guarda nos días 28 e 29 de xuño.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Junio de 2022

Fuente: Asociación FOCO

O proxecto TENACT (Teatro para a Acción Climática) é unha asociación de cooperación no ámbito da mocidade financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea cun financiamento de 148.000€.

Este proxecto reúne a 3 organizacións de teatro xuvenil para crear estes materiais. BeyondBühne (Austria) e FOCO (España) dirixirán o proxecto, coa axuda de Crooked House (Irlanda). Neste proxecto ademais colabora o Concello da Guarda na implementación das actividades locais que facilitará FOCO.

Co proxecto TENACT abordaremos o crecente problema do cambio climático e toda a confusión e as facetas públicas e individuais que conleva. Este problema debe afrontarse aplicando métodos educativos innovadores, como o teatro.

Na situación actual, na que a loita contra o cambio climático debe ser abordada por toda a sociedade e en cada un dos seus ámbitos, o traballo cos mozos en xeral e a animación teatral en particular deben empezar a abordar directamente a concienciación ambiental en lugar de deixar esta tarefa só en mans dos educadores ambientais.

O resultado deste proxecto será 1) crear unha caixa de ferramentas pedagóxicas con actividades e propostas de obradoiros teatrais sobre temas ambientais que poidan incluírse nun mínimo de 10 talleres completos dunha duración de 2/3 horas; 2) crear unha guía sobre como idear obras de teatro sobre temas ambientais cos mozos e; 3) producir unha estrutura e un esquema de Formación de Formadores.

Con este proxecto, queremos potenciar un marco común europeo para a realización de actividades e programas teatrais dentro das prácticas cotiás do traballo con mozos e mozas e fortalecer a nosa rede de organizacións xuvenís a nivel internacional.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí