Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comezan as actuacións previas para a retirada do amianto en Paramos(Tui)

Contratáronse os traballos cunha empresa especializada por importe de 348 mil euros

Contratáronse os traballos cunha empresa especializada por importe de 348 mil euros

Fecha: 23 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

Tamén se adxudicou o proxecto técnico de xestión de residuos e se aprobou un programa de carácter temporal de atención aos afectados no eido urbanístico que contempla a contratación dun arquitecto, un arquitecto técnico e un técnico de administración xeral.

O Concello de Tui contratou esta semana a retirada do amianto na zona afectada pola explosión do pasado 23 de maio por un importe de 348 mil euros e o proxecto técnico de xestión de residuos e dirección de obra por importe 59 mil euros. Esta mesma mañá comezaron as actuación previas na zona coa colocación dos contedores, a caseta de descontaminación, e as vallas que pecharán todo o perímetro da zona cero onde se actuará previa autorización xudicial. Lémbrase aos cidadáns que a área vallada será zona de obras polo que non se poderá acceder á mesma sen permiso e sen ir acompañado dos técnicos. Xa o luns comezará a retirada do amianto dende a zona máis aloxada da explosión até chegar a zona cero, nesta última unha vez se conte coa autorización da xuíza.

A retirada do amianto e o estudo de xestión de residuos son pasos previos necesarios á realización do desentullo na zona, un labor que o alcalde, Carlos Vázquez Padín, solicitará a próxima semana ao delegado do goberno en Galicia, que sexa asumida polo goberno central.

Por outra parte o alcalde asinou esta semana o Programa de Carácter Temporal para a atención aos afectados pola explosión no que a trámites urbanísticos se refire. O plan cunha duración inicial de seis meses, prorrogables outros seis meses, contempla a dotación de persoal interino á oficina urbanística de atención aos afectados. Deste xeito búscase axilizar a tramitación administrativa de comunicacións previas e licenzas de obras dos afectados, ao tempo que permitirá que o persoal do departamento de urbanismo poida atender as peticións en materia urbanística do resto da cidadanía. En concreto procédese á contratación dun arquitecto, un técnico de administración xeral e un arquitecto técnico.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones