Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comezaron as obras de apertura da rúa Ourense en Tui

A demolición dos inmobles existentes centra os primeiros traballos.

A demolición dos inmobles existentes centra os primeiros traballos.

Fecha: 21 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

Esta semana comezaron as obras para a apertura da rúa Ourense, un proxecto longamente demandado pola cidadanía ao longo das últimas décadas que poderá ser unha realidade no primeiro trimestre de 2019.
As obras foron adxudicadas polo Concello de Tui á empresa Narom S.L. por importe 220.582,77€, e teñen un prazo de execución de 3 meses.

Os primeiros traballos que se están a executar consisten no baleirado dos inmobles, e a retirada do amianto, un labor este último para o que foi precisa a autorización por parte do ISGA. Esta mesma tarde pechouse ao tráfico o calexón existente entre a rúa Ourense e a rúa Colón, permitíndose polo momento o tránsito peonil.

De forma previa ao inicio das obras no pleno de abril aprobouse a consignación orzamentaria para a execución destas obras. E en xaneiro o Concello aboou o importe das indemnizacións, un total de 638.875,27€, aos tres propietarios dos inmobles e dous arrendatarios de locais comerciais afectados pola apertura da rúa, e se fixeron efectivas as actas de ocupación dos terreos.

Unha vez finalizadas as obras o tránsito entre a rúa Ourense, Colón, Augusto González Besada e Martínez Padín regularase mediante dunha glorieta que dará fluidez ao tráfico nestes viarios.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicaba que "por fin, comezaron unhas obras longamente demandadas". Nese senso apuntada que a execución deste proxecto é "moi importante para reconfiguración urbana de Tui".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones