Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comezaron este luns as obras de restauración do palco de música de Tui

O palco, construído en 1897, vai ser rehabilitado na súa totalidade para recuperar o seu uso

O palco, construído en 1897, vai ser rehabilitado na súa totalidade para recuperar o seu uso

Fecha: 12 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

O pasado luns comezaron as obras de rehabilitación do palco de música de Tui. O palco situado no Cantón de Diomedes, ao pé do paseo da Corredoira foi construído en 1897 e dende hai varios anos deixara de utilizarse polo deterioro que presentaba. Para a realización destas obras foron precisos dous proxectos. Por un lado o de rehabilitación de carpinteiría e canteiría, redactado polo arquitecto Rubén Martín Vázquez, e outro específico para os elementos de forxa, cuxa redacción correu a cargo de Gonzalo Buceta Brunete.

As obras terán unha duración de tres meses e a empresa adxudicataria, encargada de realizalas é Construcciones Mascareñas e Hijos S.A. O importe total das mesmas será de 51. 400€ IVE incluído.

O proxecto de restauración pretende restablecer a finalidade inicial do palco cando foi construído, acoller actuacións musicais de grupos, bandas de música ou mesmo de teatro.

A actuación centrarase en tres partes: cuberta e marquesiña, columnas e varandas e a base de pedra.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, considera que unha vez rematadas as obras , o palco poderá volver a ser utilizado e cumprirá a función para a que no seu día foi realizado, dar vida e dinamizar o paseo da Corredoira, recuperando tamén un elemento de gran valor, tanto arquitectónico como cultural da nosa cidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones