Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comezou o pintado mural da ponte de entrada a Tui dende A Guarda

O proxecto reflicte unha panorámica da cidade e dun recuncho do Parque Natural do Monte Aloia

O proxecto reflicte unha panorámica da cidade e dun recuncho do Parque Natural do Monte Aloia

Fecha: 08 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tui

Onte comezou a execución das obras de ornato da Ponte das Bornetas, no acceso ao centro urbano dende A Guarda, tras resolverse o "Concurso de pintura mural" levado acabo polas concellerías de Turismo, Cultura e Limpeza e Medio Rural do Concello de Tui.

O xurado fallou a favor do proxecto presentado por David "DoctorToy" no que se reflicte dun lado unha panorámica do casco urbano de Tui e por outro un dos moitos recunchos do Parque Natural do Monte Aloia, a xoia medioambiental tudense.

As labores de pintado terán unha duración de 15 días e contará cunha achega de 300 euros para os gastos de pintura e materiais. Ademais, o Concello puxo a disposición do artista os medios materiais e de seguridade necesarios para a execución da obra.

En total ao concurso presentáronse 5 proxectos para pintar as tres pontes de entrada a Tui dende Gondomar, A Guarda e Vigo. Finalmente, o xurado decidiu por unanimidade seleccionar o proxecto de David "DoctorToy" para a ponte das Bornetas, namentres que se declara deserto o premio para as outras dúas pontes ao non axustarse os bosquexos presentados as súas características arquitectónicas.
O Concello de Tui mantén o seu obxectivo de pintado das pontes restantes co gallo de continuar as labores de mellora e ornamentación da cidade, así como o compromiso inequívoco de prestixiar e difundir obras de artistas e creadores, neste caso de pintura mural.

FICHA PERSOAL

DoctorToy, o artista vencedor, é un deseñador, muralista, ilustrador e programador da Coruña. Actualmente, está establecido entre Barcelona e República Checa. A súa paixón pola arte levouno desde pequeno a involucrarse en proxectos creativos, cada vez con máis impacto. Tras o seu paso pola Universidade de Belas Artes percorreu Europa formando parte de diferentes colectivos artísticos. Arestora, realiza os seus estudios de Doutorado entre a Universidade de Vigo e a Universidade de Barcelona, en paralelo á produción plástica de obra artística propia e o traballo audiovisual co colectivo de artes dixitais Viscepatik.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones