Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Comunicado da Concellería de Cultura tras a suspensión do concerto da Banda de Música Popular de Tui e Lembranzas da Terra de Guillarei o pasado sábado 21 de maio

Dende a Concellería de Cultura seguirase a traballar para apoiar, incentivar e dar a coñecer a nosa veciñanza e a outros concellos limítrofes a inmensa riqueza cultural, chea de tradición, que ten o Concello de Tui.

Dende a Concellería de Cultura seguirase a traballar para apoiar, incentivar e dar a coñecer a nosa veciñanza e a outros concellos limítrofes a inmensa riqueza cultural, chea de tradición, que ten o Concello de Tui.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

A Concellería de  Cultura do Concello de Tui quere aclarar as circunstancias  que rodearon á suspensión o concerto da Banda de Música Popular de Tui e de Lembranzas da Terra de Guillarei, incluído na programación da Feira do Libro Galego, organizada con motivo do Día das Letras Galegas deste ano 2022.

Dende a Concellería de Cultura quérese en primeiro lugar explicar, á cidadanía e ao público que o sábado 21 estaba no Paseo da Corredoira que o Concello de Tui non era o organizador dese concerto, a organización corría  a cargo das dúas asociacións mencionadas anteriormente, en colaboración coa concellería de Cultura. A colaboración por parte deste departamento municipal consistía por unha banda na aportación dunha serie de materiais precisos para a celebración do evento, en concreto, gradas para os grupos, cadeiras para o público e xerador de electricidade. Por outra banda a concellería de Cultura asumiu a realización de todas as xestións administrativas precisas, permisos,… e o Concello realizou unha aportación económica de 5:000€.

Con respecto ao lugar de celebración do concerto dende o primeiro momento tanto a organización – Banda de Música Popular de Tui e Lembranzas da Terra de Guillarei -  coma o Concello tiveron claro que o axeitado era celebralo na rúa, acordando conxuntamente coma o lugar axeitado o Paseo da Corredoira

Tras terse que adiar, debido ás adversas previsión meteorolóxicas, o concerto previsto inicialmente para martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, a nova data elixida para realizar este evento musical, sábado 21, foi escollida polos organizadores, xa que  non dispuñan doutra data libre os grupos participantes.

Para a xornada do sábado a Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica de Galicia, MeteoGalicia, prognosticaba  posibilidade de tormentas e entrada dunha fronte con posibilidade de choivas para ese día, estando os organizadores e o Concello perfectamente informados deste prognostico.

O mesmo sábado, ás 21 h, en conversa coa concelleira de Cultura os organizadores toman a decisión de seguir adiante co concerto, e suspendelo no caso de que a choiva fora a máis. A concelleira de Cultura non tomou esa decisión de forma unilateral en ningún momento.

Dende a concellería de Cultura son perfectamente conscientes do traballo e o esforzo realizado polas dúas asociacións organizadoras do concerto, para poder levalo adiante. Amosan amais a súa comprensión coa decepción e frustración xeradas pola suspensión do mesmo, do mesmo xeito que comprenden ao público asistente, que en todo momento amosou o seu apoio, manténdose á espera de poder gozar do espectáculo previsto.

Dende a Concellería de Cultura seguirase a traballar para apoiar, incentivar e dar a coñecer a nosa veciñanza e a outros concellos limítrofes a inmensa riqueza cultural, chea de tradición, que ten o Concello de Tui. Por último amosan dende este departamento a gratitude a Lembranzas da Terra de Guillarei e a Banda de Musica Popular de Tui pola súa iniciativa, polo labor que realizan e polo seu esforzo a prol da cultura, e por confiar en nos para que todos xuntos fagamos cultura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí