Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunicado do PSdG-PSOE de Tui sobre a situación dos diversos Departamentos do Concello de Tui

Non só a parálise se produce no Departamento de Urbanismo, a dia de hoxe e coma xa ocorrera o ano pasado, sigue sin contratarse o persoal con cargo a Deputación

Non só a parálise se produce no Departamento de Urbanismo, a dia de hoxe e coma xa ocorrera o ano pasado, sigue sin contratarse o persoal con cargo a Deputación

Fecha: 16 de Marzo de 2019

Fuente: PSOE Tui

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Tui manifesta unha vez mais a súa incredulidade ante o feito de que o Alcalde de Tui presente públicamente a contratación dun catálogo de procedementos para o Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, cando no último pleno o que se aprobou a instancias dos Grupos da Oposición, foi a realización dunha auditoría para coñecer o estado real do Departamento e, a súa vez, identificar ós funcionarios responsables de hipotéticos retrasos inxustificados.

A situación vóltase cando menos esperpéntica cando por correo electrónico se lle remite aos Grupos da Oposición o nome da empresa que presuntamente se pretende contratar e a metodoloxía do traballo a a levar a cabo, consistente únicamente en entrevistar aos funcionarios de Urbanismo para coñecer a súa opinión e posteriormente emitir un dictamen. Si con este procedemento se pretende solucionar os problemas da Oficina de Urbanismo de Tui, está claro que o único que se pretende é montar unha cortina de fume, con claros tintes electoralistas, que non abordar con rigor o problema de ese Departamento. Chama tamén poderosamente a atención que para levar isto a cabo se pretendan gastar mais de trece mil euros cando, hai que lembrar, este Goberno xa conta cun asesor xurídico contratado para dar solucións a uns problemas, que a luz está, ainda non se solucionaron, senón que se agravaron.

O Grupo Municipal Socialista solicitou mediante moción no último pleno, que ademais se trasladara a Comisión de Urbanismo os datos que obran na plataforma Xestiona referente ao Departamento de Urbanismo y que dun xeito obxectivo, daría unha imaxe máis fideligna da situación, aspecto este que sigue sen levar a cabo o Goberno Municipal co que queda claro que se pretende ocultar a situación real, dado que a parálise do Departamento nestes momentos é total. Coma exemplo cabe citar que fai máis dun mes que unha funcionaria está de baixa e a día de hoxe ainda non se cubriu esa praza, co cal os expedientes non son informados por ningúen, nin se tratmita ningunha nova solicitude, tal e como reflicten as actas das Xuntas de Goberno.

Non só a parálise se produce no Departamento de Urbanismo, a dia de hoxe e coma xa ocorrera o ano pasado, sigue sin contratarse o persoal con cargo a Deputación, cuio periodo de contratación vai de marzo a decembro, con carácter improrrogable, co cal a estas alturas xa se leva case un mes perdido. Mais grave ainda é a execución do Programa Integrado de Emprego, financiado pola Xunta, para levar a cabo con cen persoas desempregadas do Concello de Tui. O Proxecto implica a contratación do persoal técnico necesario para a atención dos participantes, permitindo a subcontratación únicamente do 50% da subvención (125.000 euros) . A quince de marzo o proxecto atópase a deriva en canto a que os alumnos non contan cos orientadores que os acomopañen nos términos previstos na convocatoria co agravante engadido que o que podes gastar en formación vaino a dar a imputación que fagas en persoal. En definitiva, a estas alturas sen persoal contratado y co remate de xustificación da subveción a 30 de outubro, difícilmente se vai poder xustificar a subvención coa conseguinte perda de fondos que terá que asumir o Concello.

Tampouco no Departamento de contratación as cousas van mellor, a día de hoxe ainda están sen licitar a metade dos proxectos do Plan Concellos da Deputacion do ano 2017, entre os que se atopan varios asfaltados na parroquia de Areas, a reforma dos vestiarios do Tide, reformas no edificio do conservatorio, o semáforo das Olivas, incluso algunha obra xa adxudicada coma a ampliación do cemiterio municipal se atopa incomprensiblemente parada. Nin que decir do primeiro grupo de proxectos aprobados con cargo o remanente de tesourería polo Goberno anterior, a consrucción do muro dos xardíns Troncoso, o Proxecto de pasarela sobre o Louro e a rotonda do Alfonso I de Guillarei, os cales se atopan totalmente paralizados dende a moción de censura.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones