Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concerto da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos este sábado en Tui

Sábado 4 de setembro, ás 10 da noite, na Alameda de San Domingos de Tui

Sábado 4 de setembro, ás 10 da noite, na Alameda de San Domingos de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Septiembre de 2021

Fuente: Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

O próximo sábado 4 de setembro, ás 10 da noite, na Alameda de San Domingos de Tui,
organizado pola Asociación cultural Laxes de Paramos en colaboración co Concello de Tui, vaise
celebrar un concerto da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.
Neste concerto a banda vai facer un repaso polos temas que, nos seus máis de catorce anos
de existencia, conforman o seu particular xeito de sentir, ver e dignificar o mundo da música
popular galega, dándolle o papel protagonista aos seus instrumentos máis sobranceiros: a gaita e as
distintas percusións. Un concerto con pezas tradicionais galegas, portuguesas, bretonas, catalás... e
outras de composición propia ou de autores contemporáneos.
Alén da música queremos aproveitar para facer un pequeno e humilde homenaxe a todas as
vítimas destes extraños e terribles tempos que nos trouxo a pandemia. Tempo para desfrutar coa
música pero tamén para lembrar o vivido e ollar o futuro con esperanza.
Unha proposta que procura, a modo de conxuro, abrir unha xanela para homenaxear a vida
e recuperar os proxectos que estes tempos complicados nos roubaron. Xanela que se construe co
que máis nos gusta facer: a música.
Para esta actuación a Banda de Gaitas contara coas colaboracións musicais de O Trebón
dos Xidos e a vocalista Lara Villaverde.
O TREBÓN DOS XIDOS
O Trebón dos Xidos comeza os seus andares no ano 2010 e oficialmente no ano 2012 como
proxecto da ASOCIACION CULTURAL XIDA, asociación, con sede en A Guarda e local de ensaio
no Concello do Rosal.
Como eles contan na sua presentación: Bebemos das fontes musicais que nos rodean; as
bandas mariñeiras das "Festas do Monte" na Guarda, os "Zes Pereiras" dos nosos veciños de
Portugal , e sobre todo das Treboadas de Tomiño. “O Trebón dos Xidos” creouse co fin de
dignificar estas tradicións, que sexan un referente cultural do Baixo Miño e dar o recoñecemento
que, esta peculiar forma de tocar e estes singulares instrumentos de percusión, merecen.
Formado por máis de vinte músicos de toda a comarca do Baixo Miño, é un grupo de música
tradicional onde as gaitas, os tambores e os bombos, característicos polo seu gran tamaño, co seu
son a pel e madeira anuncian que a festa xa comeza: o seu son grave e profundo chega para que
tódolos veciños, ata os máis lonxanos, saiban que é un día especial, un día para troular: o día da
festa.

LARA VILLAVERDE
Desde Tebra acompañaranos Lara Villaverde cunha das voces con maior personalide e
proxección do panorama musical actual.
Lara porá a súa voz para acompañar a banda e varios temas e, tamén, ofrecerá, acompañada
da súa guitarra unha mostra do seu talento.
A súa colaboración supón unha oportunidade para escoitar e coñecer a unha interprete, que
coa súa voz, de seguro non vai deixar a ninguén indiferente.
Debido ao protocolo COVID o aforo vai estar limitado, por estrita orde de chegada. Será
obrigatorio o uso de máscara, en todo momento, usar xel hidroalcohólico e seguir as instrucións dos
reponsables.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí