Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONDE SALIENTA O LABOR DA EMPRESA TUDENSE NOR RUBBER COMO MODELO DE ECONOMÍA SOCIAL CAPAZ DE XERAR EMPREGO E RIQUEZA NA COMARCA

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visita as instalacións dunha empresa de referencia na transformación do caucho que ten sido quen de reinventarse e abrir novos mercados

Destaca a aposta pola innovación e a internacionalización dunha empresa que emprega a un centenar de persoas

Fecha: 10 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou  as instalacións de Nor Rubber en Tui, onde salientou o labor desta compañía tudense como modelo de economía social capaz de xerar emprego e riqueza na comarca. Conde, que estivo acompañado polo delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou o esforzo e a implicación dos traballadores no desenvolvemento deste proxecto empresarial que emprega a un centenar de persoas.

Nor Rubber é unha Sociedade Anónima Laboral que se configura como unha empresa de referencia na transformación do caucho e que ten sido quen de reinventarse e abrir novos mercados, explicou o conselleiro. "Esta empresa suma 40 anos de historia, 15 desde que se constituíu como Sociedade Anónima Laboral, sendo un exemplo de como a unión dos traballadores pode consolidar un proxecto baseado no produto, e baseado tamén na diversificación en varios sectores como o naval, o da construción civil ou a minería", incidiu Conde.

Neste contexto, o titular de Economía, Emprego e Industria resaltou a importancia da internacionalización e a innovación no futuro da compañía, no que está a traballar a través do seu plan de viabilidade 2015-2020. "Os mercados internacionais van ser fundamentais. Nor Rubber conta cunha delegación en México, e incrementar o peso da exportacións na súa facturación é un camiño de futuro", subliñou Conde.

Unha aposta pola internacionalización que, segundo explicou o conselleiro, está a ser acompañada polo compromiso innovador da empresa, que ten sabido transformarse na procura de atender a demanda de produtos de caucho de grandes dimensións.

Desta forma, Nor Rubber é hoxe a única empresa española fabricante de bandas transformadoras reforzadas con cable de aceiro, e chega a outros nichos de mercado como o de apoios antisísmicos, participando na licitación de varios proxectos en todo o mundo. "A aposta pola innovación na procura de novos estándares e novos produtos é a que lles permite manter este elemento diferenciador", apuntou Conde, quen destacou o espírito emprendedor dos traballadores da empresa na consecución destes obxectivos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones