Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Conferencia sobre -Francisco Sánchez médico- a cargo de Rosendo Bugarín

Dende o venres o Paseo da Corredoira acollerá unha exposición sobre o filósofo e médico tudense

Dende o venres o Paseo da Corredoira acollerá unha exposición sobre o filósofo e médico tudense

Fecha: 22 de Septiembre de 2023

Fuente: Concello de Tui

Continúa avanzando o programa de actividades “Setembro xudeu en Tui” con novas actividades arredor da figura do egrexio médico e filósofo tudense do que se cumpren os 400 anos do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse.

O venres, 22 de setembro, ás 20 h no Edificio “Francisco Sánchez” terá lugar a segunda conferencia deste ciclo que organizan o Concello de Tui arredor desta singular figura do Renacemento europeo. Nesta ocasión o tamén médico tudense, Rosendo Bugarín González, disertará sobre a faceta médica do pensador, que investigou amplamente no campo da medicina xunto coa filosofía.

Rosendo Bugarín (Tui, 1961) é na actualidade médico de familia en Monforte de Lemos logo dunha ampla traxectoria profesional. Autor ou coautor de máis de 50 publicacións de carácter científico e outras tantas ponencias e relatorios en congresos médicos. Profesor, poñente ou titor clínico en numerosos cursos e actividades docentes, relacionadas coa Atención Primaria ou a Medicina de Urxencias. Recentemente foi nomeado membro da Real Academia de Medicina de Galicia sendo designado primeiro académico numerario da recentemente creada cadeira de medicina familiar e comunitaria. Rosendo Bugarín ten dedicado as súas investigación a temas tudenses, entre eles, á figura de Francisco Sánchez e a súa obra médica, sobre a que disertará nesta conferencias.

Exposición sobre Francisco Sánchez na Corredoira

 

Desde o venres o Paseo da Corredoira acollerá unha exposición divulgativa sobre a figura de Francisco Sánchez, para achegar á veciñanza e visitantes a súa figura e transcendencia, como un dos precursores da revolución filosófica e científica dos século XVII e XVIII, pois a súa obra “Quod nihil scitur” é unha referencia ineludible neste proceso. Francisco Sánchez é unha das referencias do pensamento europeo do Renacemento que Tui reivindica e divulga con esta exposición e o programa de actividades a desenvolver en torno a este “Ano Francisco Sánchez”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí