Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Conmemoración do Día de Rosalía 2021 na Guarda

O concello fai un chamamento a compartir contido sobre Rosalía de Castro nas Redes Sociais e unirse ó resto de iniciativas promovidas dende a Casa de Rosalía 2021

O concello fai un chamamento a compartir contido sobre Rosalía de Castro nas Redes Sociais e unirse ó resto de iniciativas promovidas dende a Casa de Rosalía 2021

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Febrero de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, que nos últimos anos ven celebrando o aniversario de Rosalía de Castro con diferentes actividades e eventos, quere convidar este ano a toda a cidadanía a unirse aos diferentes actos que foron convocados dende a Casa de Rosalía e sobretodo a recordar entre todos a súa obra e figura e compartilo nas Redes Sociais. Tendo en conta o contexto actual no que as recomendacións sanitarias abogan por evitar os encontros e as concentracións, entendemos que a mellor forma de conmemorar este día é unirnos todos na mesma colaboración, na mesma voz.

 

Neste sentido, a Casa de Rosalía preparou para este complicado ano 2021 un completo programa no que se integran tres tipos de actividades diferentes para poder realizar dende cada casa:

 

  • Caldo de Gloria(na casiña). Lembrando o poema “Miña Casiña, meu lar”, no que Rosalía evoca a épica dos humildes e describe a receta dun caldiño de Gloria, a Fundación Rosalía de Castro convida a preparar un Caldiño no día 24 e recitar este ou outro poema da obra rosaliana. Convidan a seguir receta propia, a de Picadillo ou a que Lucía Freitas, do restaurante A Tafona preparou para ocasión e se pode seguir aquí: https://youtu.be/V1ODF0BvdSE

           

Tamén convidaron aos comedores escolares a unirse a esta iniciativa, e neste sentido o Concello da Guarda repartiu manteis individuais para que os nenos poidan ler o poema en cuestión durante o xantar do 24 de febreiro.

 

  • Alborada a Rosalía. En conxunto coa Asociación Gaiteiros de Galicia, a Casa de Rosalía convida a gaiteiros e grupos de música tradicional a adicarlle una Alborada a Rosalía. Os grupos e músicos interesados poden anotarse nun mapa interactivo onde se poida recoller a participación na actividade: https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alboradas-a-rosalia/

 

No obstante dado o específico deste convite, dende a propia Fundación animan a todo músico a que se una con calquera outra peza: “Se es un gaiteiro ou gaiteira, ou músico en xeral,... sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra)”

 

  • Le, canta, recita a Rosalía de Castro, e difunde nas redes co cancelo #Día de Rosalía. Nesta última proposta, dende o Departamento de Cultura do Concello fai un chamamento aos veciños da nosa vila, que noutros anos demostraron o seu gusto pola escritora para que compartan poemas, fragmentos e vídeos, que preparen para a ocasión ou que se preparasen con motivo de anos anteriores. Se os veciños etiquetan ademais a @culturaguarda e a @FundacionRosalía, estas poderán compartir e interactuar con este contido. Este contido pódese compartir e subir ata o vindeiro 28 de febreiro.

 

Pola súa parte, dende o Concello estase a preparar o convenio para constituírse como Mecenas da Casa de Rosalía, mostrando unha vez mais o apoio a figura da escritora, e en consonancia co cariño e admiración que Rosalía sempre levantou entre a veciñanza de A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones