Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Conmemoracion dos Sucesos de Sobredo no seu 94 aniversario o domingo 27 novembro en Guillarei ? Tui

Domingo 27 de novembro do 2016, a partir das 10:30 horas da mañá

domingo 27 de novembro do 2016, a partir das 10:30 horas da mañá

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: I. Estudos Agrarios Mártires d

Actos de conmemoración dos sucesos de Sobredo, no seu do 94 Aniversario que se desenvolverán en Sobredo (Guillarei - Tui) o domingo 27 de novembro do 2016, a partir das 10:30 horas da mañá, aténdose ao seguinte,

PROGRAMA:
10,30 CONCENTRACIÓN - CARBALLEIRA DE SOBREDO
11,00 DESPRAZAMENTO ATÉ O MONUMENTO
11,30 PRESENTACIÓN DO ACTO E INTERVENCIÓNS:
MARÍA DO MAR PÉREZ FRA.
Profesora de Economía Aplicada na U. de Santiago de Compostela.
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
Escritora.
12,30 OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO
CLAUSURA DO ACTO. ACTUACIÓN DOS GRUPOS:
- FOLCLÓRICO "LEMBRANZAS DA TERRA"
- GRUPO DE GAITAS "FOLIEIROS".

A conmemoración anual ten por fin manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo dos sucesos de Sobredo; feitos producidos no 28 de novembro do ano 1922, neste lugar da parroquia de Guillarei, no Concello de Tui; realízase no lugar ao pe do monumento aos Mártires, da autoría do escultor Nogueira.

Tres persoas quedaran mortas no sitio: CÁNDIDA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, de Pazos de Reis; JOAQUÍN ESTÉVEZ BESADA, de Soutelo; VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño; e mais de vinte resultaran feridas, cando a Guardia Civil disolveu a tiros unha manifestación en contra un embargo a un veciño que se negou a pagar as rendas dun foro; imposto de orixe medieval, que se mantiña sobre as terras e que eran aboadas polo campesiñado galego, anualmente, tralas colleitas polas datas do San Martiño.

Sobredo queda dende ese momento, na memoria colectiva, como símbolo e lugar no que a sociedade labrega é martirizada.

No ano 1932, por subscrición popular, ergueuse o monumento (dez anos despois dos feitos) na memoria dos Mártires de Sobredo.

Sobredo, xa naquela altura e no marco da loita agraria para a eliminación dos Foros, representa simbolicamente unha época (finais do xéculo XIX e as dúas primeiras décadas do século XX) de loitas reivindicativas e agrupación de forzas por entidades asociativas que, colectivamente, estruturaban unha realidade social complexa e claramente republicana; de aí a súa destrución.

No mes de xullo do ano 1936, nos primeiros días do golpe de estado franquista, foi dinamitado.
Do mesmo xeito que as persoas eran perseguidas, foron derrubados símbolos como o monumento conmemorativo dos sucesos.

Cincuenta anos despois da súa destrución, en 1986, recuperouse a memoria sobre estes feitos e promoveuse, por entidades sociais (comunidades veciñais e montes, asociacións de veciños, culturais, etc.) a reconstrución do Monumento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones