Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Conservatorios, concellos e Deputación reclaman a financiación á xunta para os centros musicais

Os concellos están a asumir a financiación dunha ensinanza regrada que outorga título de grao medio en estudios musicais, cando é unha competencia directa da Xunta de Galicia.

Os concellos están a asumir a financiación dunha ensinanza regrada que outorga título de grao medio en estudios musicais, cando é unha competencia directa da Xunta de Galicia.

Fecha: 19 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os directores dos conservatorios musicais da provincia de Pontevedra, os representantes dos concellos, o deputado de Cultura, Xosé Leal, e a Presidenta da Deputación, Carmela Silva coincidiron hoxe en reclamar a necesidade de que a Xunta de Galicia asuma a financiación destes centros de ensinanzas regradas.

Así puxeron de manifesto na xuntanza celebrada hoxe na Deputación de Pontevedra na que participaron os directores dos conservatorios musicais de Ponteareas, Cangas, Redondela, Vilagarcía, Tui e Lalín, e concelleiros e concelleiras destas localidades e o alcalde de Ponteareas. Nesta xuntanza, na que so faltou o representante de A Estrada, manifestouse que os concellos están a asumir a financiación dunha ensinanza regrada que outorga título de grao medio en estudios musicais, cando é unha competencia directa da Xunta de Galicia.

Os representantes municipais destacaron que esta asunción de competencias provoca un déficit económico nas arcas municipais ademais dun agravio comparativo entre o que pagan as familias nos conservatorios dependentes da Consellería de Cultura.

Todos os asistentes asumiron que este mesmo encontro celebrado coa Deputación de Pontevedra vai ser solicitado nas outras deputacións provinciais para posteriormente celebrar unha reunión conxunta dos vinte conservatorios musicais de toda Galicia, os concellos afectados e as catro deputacións, que segundo manifestou Carmela Silva non debería "celebrarse máis aló do mes de xullo".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones