Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONSTERNACIÓN E TRISTEZA POLO FALECEMENTO DUN PESCADOR NA COSTA DE OIA

O suceso acontecía esta mañá en Mougás, no termo municipal de Oia

Durante máis de 60 minutos tentaron reanimar sen éxito ó varón, duns 70 anos de idade, e veciño do municipio. Foto arquivo Infomiño.com

Fecha: 28 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

Sobre as 12:20h deste mediodía recibíase o aviso na central do 112 dun incidente na costa de Oia, no lugar de Mougás. Un ciclista que pasaba pola zona foi detido por un varón que o alertou da situación de emerxencia dun compañeiro que pescaba na costa xunto a el, e que por motivos que se descoñecen caeu ó mar. De seguido chamaron ó 112 que activou un protocolo de emerxencias despregando na zona ó GES de A Guarda, unha ambulancia do 061 e o Helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia.

Unha vez chegados ó lugar do suceso, efectivos do GES de A Guarda comprobaron que dous homes se atopaban nunha rocha, un deles inconsciente, polo que se meteron na auga e os trasladaron ata unha rocha máis segura, iniciando un proceso de reanimación no que se incorporarían tamén médicos da ambulancia desprazada ata o lugar e do Helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia. Durante máis de 60 minutos tentaron reanimar sen éxito ó varón duns 70 anos de idade, e veciño do municipio, empregando tamén un desfibrilador do 061. O corpo xa sen vida, sería evacuado do lugar intres máis tardes no helicóptero para a realización da autopsia no Hospital Nicolás Peña de Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones